Accesibilidade

Última revisión 09/01/2024

Declaración de accesibilidade

O Senado, consciente da importancia de facilitar o acceso á información que se lles proporciona a través da páxina web institucional a todos os colectivos con diversidade funcional, asume o compromiso de manter o maior nivel posible de accesibilidade.

A presente declaración de accesibilidade atinxe ao portal institucional www.senado.es en aplicación do Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público  , pola que se traspón a Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello.

Certificación de Accesibilidade TIC de ILUNION

Certificado de accesibilidad otorgado por Ilunion nivel doble A

Este sitio web obtivo a certificación en accesibilidade de ILUNION en marzo do 2019, segundo a Norma UNE 139803:2012, “Requisitos de accesibilidade para contidos na Web”. Esta certificación renóvase cada 6 meses. Con iso acredítase o cumprimento do nivel AA (dobre-A) nas Pautas de Accesibilidade, recomendadas polo grupo de traballo WAI 2.0 del W3C.

Situación de cumprimento

A páxina web do Senado cumpre o Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro   , aínda que os contidos que se indican deseguido non sempre serán acordes debido ás súas especiais características:

  • Contidos multimedia en directo.
  • Contido multimedia pregravado de base temporal publicado antes da entrada en vigor do Real decreto.
  • Contidos do arquivo histórico do Senado.
  • Servizos de mapa en liña.
  • Ficheiros ofimáticos publicados antes da entrada en vigor do Real decreto 1112/2018.
  • Ficheiros non xerados pola Secretaría Xeral do Senado incorporados como información complementaria en distintas zonas da web.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artículo 13 del Real Decreto 1112/2018    

Compatibilidade con estándares e deseño visual

Todas as páxinas deste sitio web cumpren coas Pautas de Accesibilidade ou Principios Xerais de Deseño Accesible establecidas polo Grupo de Traballo WAI pertencente ao W3C

O deseño visual realizouse baixo a recomendación do W3C, sobre as Follas de Estilo en Cadoiro, (Nivel 3) (CSS3). Se o navegador ou dispositivo de navegación non soporta follas de estilo, o contido da web segue a ser totalmente lexible grazas á súa marcación estrutural.

Tamaño do texto

O deseño accesible deste sitio web permite que o usuario poida escoller o tamaño do texto que lle conveña. Esta acción pódese levar a cabo de diferentes maneiras segundo o navegador que se utilice, ou pódense utilizar directamente os controis Ctrl+ e ctrl-. Este sitio web está deseñado utilizando un deseño web adaptable que permite axustar os contidos ao tamaño do dispositivo mellorando a experiencia de usuario.

Observacións e datos de contacto

Se detecta que algún contido deste sitio web non é accesible ou se ten algunha dúbida en relación coa accesibilidade deste sitio web, pode enviar a súa mensaxe ao enderezo de correo electrónico accesibilidad@senado.es. O Senado comprométese a estudar a súa solicitude e a realizar as melloras necesarias o máis axiña posible.