Viaxes e visitas

  • Viaxes

 

Todos as viaxes de delegacións parlamentarias, xa sexan estas encabezadas polo presidente do Senado, por un membro da Mesa ou correspondan a viaxes de comisións, requiren a previa autorización da Mesa do Senado, que fixa a composición da mesma.

 

As viaxes encabezadas polo presidente do Senado ou, no seu caso, por algún membro da Mesa da Cámara, responden habitualmente a invitacións de senados estranxeiros no marco das relacións bilaterais.

Excepcionalmente, o presidente do Senado realiza viaxes en representación do Estado español, como no caso da viaxe que realizou o 22 de decembro de 2011 para asistir ao funeral do Excmo. Sr. Václav Havel, expresidente da República Checa.

 

As viaxes de delegacións de membros de comisións do Senado, e en especial, as reunións semestrais de comisións organizadas con ocasión das presidencias rotatorias da Unión Europea, consolidáronse como canle ordinaria de intercambio de experiencias entre comisións dos parlamentos dos estados membros da Unión Europea.
 

 

  • Visitas

 

O Senado recibe delegacións parlamentarias de diverso rango.

Visitas de presidentes de asembleas estranxeiras. No marco das relacións bilaterais, o presidente do Senado recibe a presidentes de parlamentos.

 

Visitas de delegacións e comisións parlamentarias estranxeiras. No marco dos intercambios entre comisións, son numerosas as delegacións de comisións parlamentarias estranxeiras interesadas en coñecer as opinións e experiencias sobre a actividade e a organización do Senado, a súa participación nas funcións lexislativas e de control de Goberno e sobre a organización territorial de España.

 

Visitas de estudo e programas de cooperación. O Senado participa na organización de visitas de estudo con parlamentos estranxeiros, así como con outras institucións tanto europeas (Comité das Rexións; Grupo de Intercambio Electrónico de Información entre Cámaras Europeas, IPEX, Interparliamentary EU Information Exchange; Oficina de Intercambio de Información e de Asistencia Técnica, TAIEX, Technical Assistance Information Unit; Centro Europeo de Investigación e Documentación Parlamentaria, CERDP, Centre Européen de Recherche et Documentation Parlementaires) como nacionais (AECID, Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento; Centro de Estudos Políticos e Constitucionais, Consello Xeral do Poder Xudicial, etc.). En colaboración co Congreso dos Deputados, organiza o Curso de Asesores Xurídicos Parlamentarios.