Diario de tramitación parlamentaria


 O diario de tramitación parlamentaria reflicte, paso a paso, os datos máis relevantes do proceso de aprobación das leis que se debaten no Senado.
Ofrécese, en primeiro lugar, a data de entrada e publicación da iniciativa no Senado. A continuación, publícase a data límite de tramitación, pois a Cámara dispón dun prazo máximo de dous meses para adoptar unha decisión (20 días se a tramitación se declara urxente).
O cadro resumo informa ademais sobre a comisión competente, o prazo de presentación de emendas e o número de emendas presentadas, as datas de reunión dos órganos e de publicación dos textos resultantes –con indicación de se na comisión se introduciron ou non modificacións-, o número de votos particulares e, por último, a data na que se prevé o seu debate no Pleno da Cámara.
Todos os textos e datos relativos á tramitación de cada unha das iniciativas poden ser consultados a través da sección leis en tramitación


Cadro resumo de tramitación parlamentaria