Ir al Contenido (Presione enter)

26 XULLO 2017

XII LEXISLATURA

Condicións xerais de uso da páxina Web do Senado

  1. Aceptación das condicións de uso
  2. Calidade da información
  3. Dispoñibilidade da información
  4. Utilización da información
  5. Establecemento de hiperligazóns
  6. Propiedade intelectual e industrial
  7. Protección de datos de carácter persoal e política de privacidade
  8. Exencións de responsabilidade
 

1. Aceptación das condicións de uso

 
A titularidade do dominio www.senado.es corresponde ao Senado.
 
O acceso e a utilización da información e servizos contidos na páxina web do Senado, accesible a través da URL www.senado.es, implican a aceptación das presentes condicións de uso.
 
Co acceso e utilización da páxina web entenderase que o usuario acepta de forma plena e sen reservas o contido de todas e cada unha das condicións de uso, na versión publicada na páxina web no momento do acceso. Se o usuario non estivese de acordo co contido das condicións de uso da páxina web, deberá absterse de acceder aos seus contidos e a facer uso dos seus servizos.
 

2. Calidade da información

 
O Senado velará pola certeza de todos os datos que se contén na páxina web, a cuxo efecto realizará os esforzos precisos para ofrecer unha información completa e actualizada, evitar erros e, no seu caso, rectificalos.
 
O Senado resérvase o dereito de modificar, en calquera momento e sen previo aviso, a presentación e configuración da páxina web, así como os contidos e servizos dispoñibles e as condicións nas que estes se ofrecen.
 

3. Dispoñibilidade da información

 
O Senado pon a disposición dos cidadáns, a través da páxina web, unha canle de información, comunicación e participación 24 horas ao día, 7 días á semana, sen prexuízo de que os tempos de actualización e resposta poidan someterse a determinados horarios.
 
O Senado non pode garantir plenamente o funcionamento da rede de comunicacións e por tanto non asume responsabilidade algunha sobre a dispoñibilidade do seu servidor. O servidor poderá ser desconectado sen previo aviso. O Senado realizará os esforzos precisos para que o impacto por tarefas de mantemento sexa o mínimo posible.
 
O Senado non se fai responsable dos danos, erros ou inexactitudes que puidesen derivarse do mal funcionamento da páxina web, nin de calquera dano ou prexuízo, directos ou indirectos, que puidesen derivarse da non dispoñibilidade, a interrupción e a non continuidade do funcionamento da páxina web e dos seus servizos.
 

4. Utilización da información

 
O Senado facilita a consulta libre e gratuíta da información e documentos publicados na páxina web, permitindo a súa copia, distribución e reutilización, por persoas físicas ou xurídicas, con fins comerciais ou non comerciais, sen que sexa necesaria a obtención dunha licenza.
 
O usuario comprométese a utilizar os contidos da páxina web de forma dilixente, sen incorrer en actividades que poidan ser consideradas ilícitas, contrarias ás presentes condicións de uso, ou aos usos xeralmente aceptados.
 
En particular, a título simplemente enunciativo, o usuario comprométese a absterse de levar a cabo calquera das actividades seguintes:
 
  • Destruír, alterar, inutilizar ou danar os datos ou documentos accesibles a través da páxina web.
  • Obstaculizar o acceso doutros usuarios á páxina web e aos seus servizos mediante o consumo masivo dos recursos informáticos a través dos cales o Senado presta os seus servizos, así como realizar actuacións susceptibles de estragar, interromper ou xerar erros nestes sistemas.
  • Enviar mensaxes de forma masiva ou con finalidades comerciais ou publicitarias sen o consentimento do destinatario.
  • Utilizar a páxina web para intentar acceder a áreas restrinxidas dos sistemas informáticos do Senado.
  • Intentar aumentar o nivel de privilexios dun usuario no sistema.
  • Introducir, por calquera medio, programas, virus, macros, applets, controis ActiveX ou calquera outro dispositivo lóxico ou secuencia de carácteres que causen ou sexan susceptibles de causar calquera tipo de alteración nos sistemas informáticos do Senado.
  • Suplantar a identidade doutro usuario.
  • Incitar ou promover, a través da páxina web ou dos servizos accesibles a través dela, accións delictivas, discriminatorias, difamatorias, ofensivas ou, en xeral, contrarias á lei, á moral ou á orde pública.
 

5. Establecemento de hiperligazóns

 

Hiperligazóns a outras páxinas web

 
A páxina web do Senado inclúe ligazóns a páxinas de sitios web de terceiros (“links”) que se consideraron de interese para os usuarios. Non obstante, o Senado non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contidos das páxinas enlazadas.
 

Hiperligazóns dende outras páxinas web á páxina web do Senado

 
O establecemento dunha hiperligazón dende outra páxina á web do Senado non implica en ningún caso a existencia de relacións entre o Senado e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte do Senado dos seus contidos ou servizos. Polo tanto, non se declarará nin se dará a entender que o Senado autorizou expresamente a hiperligazón nin que supervisase ou asumise de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web dende a que se establece a hiperligazón.
 

Frames

 
O Senado prohibe expresamente a realización de “framings” ou a utilización por parte de terceiros de calquera outros mecanismos que alteren o deseño, configuración orixinal ou contidos do seu Portal.
 

6. Propiedade intelectual e industrial

 
Os dereitos de propiedade intelectual da páxina web, o seu código fonte, deseño, estrutura de navegación, bases de datos e os distintos elementos que a compoñen son titularidade do Senado.
 
Sen prexuízo de que, con carácter xeral, a información contida na web é susceptible de reutilización nos termos fixados nas presentes condicións de uso, todos os contidos da páxina web (incluídos, sen carácter limitativo, símbolos, marcas, imaxes, textos, audio, vídeo, contidos de bases de datos e software) son propiedade do Senado ou dos provedores de servizos ou contidos que, no seu caso, concedesen a correspondente licenza ou cedesen a explotación destes contidos ao Senado. Os mencionados contidos están protexidos polas normas de propiedade intelectual e industrial.
 

7. Protección de datos de carácter persoal e política de privacidade

 

Protección de datos de carácter persoal e privacidade

 
O Senado mantén unha política de pleno respecto dos dereitos relacionados coa protección de datos de carácter persoal.
 
Os datos de carácter persoal proporcionados polos cidadáns, cuxo tratamento fose autorizado, poderán ser incorporados a ficheiros da Secretaría Xeral do Senado coas únicas finalidades de atender ás solicitudes formuladas e de obter datos estatísticos das mesmas. Os formularios que ofrece a páxina web inclúen as correspondentes cláusulas que facilitan o outorgamento do consentimento para o tratamento dos datos de carácter persoal.
 
De acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e na súa normativa de desenvolvemento, así como na Norma que regula os ficheiros de carácter persoal da Secretaría Xeral do Senado, aprobada pola Mesa do Senado na súa reunión do día 20 de xullo de 2010, é posible exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito dirixido ao Secretario Xeral do Senado, calle Bailén nº 3, 28071 Madrid.
 
Os ficheiros de titularidade do Senado están debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos da Axencia Española de Protección de Datos.
 

Cookies

 
As cookies son pequenos ficheiros con información almacenada polo navegador a petición da páxina web pola que está a navegar un usuario para diferencialo doutros usuarios, adaptando o seu funcionamento a cada un deles. Empezáronse a utilizar para almacenar a cesta de la compra virtual nas páxinas web con propósitos comerciais, pero o seu uso estendeuse para cubrir outras funcionalidades.
 
A páxina web do Senado non utiliza cookies para realizar as súas funcións. Non obstante, algúns programas externos, cuxos servizos son usados pola web mediante plug-ins, si as utilizan, como son eltiempo.es (amosa a situación atmosférica), e a mapa de Google Maps (amosa a ubicación do Palacio do Senado na páxina “Como chegar ao Senado”).
 
Se no futuro se utilizasen para permitir a personalización de determinados servizos para cada usuario, informaráselle mediante estas condicións de uso.
 
En ningún caso as cookies da web do Senado lerán datos do disco duro dos usuarios, nin os arquivos cookies creados por outros provedores.
 

8. Exencións de responsabilidade

 
O acceso á páxina web, así como o uso que poida facerse da información que contén, son da exclusiva responsabilidade do usuario.
 
O Senado non é responsable do uso indebido da páxina web e dos seus contidos por parte dos usuarios. O usuario será o único responsable das infraccións en que poida incorrer ou dos prexuízos que poida causar polo uso inadecuado da páxina web, dos seus servizos ou dos seus contidos. O usuario é o único responsable ante calquera reclamación ou acción legal, xudicial ou extraxudicial, iniciada por terceiros tanto en contra do usuario como en contra do Senado, baseada no uso inadecuado da páxina web, dos seus servizos ou dos seus contidos.
 
O Senado non será responsable de posibles danos ou prexuízos que se poidan derivar de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo do sistema, motivadas por causas alleas ao Senado, de retrasos ou bloqueos no uso dos sistemas da páxina web causados por deficiencias ou sobrecargas de liñas telefónicas ou sobrecargas no sistema de Internet ou noutros sistemas electrónicos, así como de danos que poidan ser causados por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control do Senado.