Ir al Contenido (Presione enter)

17 DECEMBRO 2017

XII LEXISLATURA

 


Corresponde á Secretaría Xeral do Senado a asistencia, apoio e asesoramento xurídico, técnico e administrativo dos órganos da Cámara. Constitúe a administración do Senado.


SECRETARIO XERAL – LETRADO MAIOR

 

Ao letrado maior – secretario xeral lle corresponde a dirección superior da asistencia, apoio e asesoramento xurídico, técnico e administrativo dos órganos da Cámara, así como a xefatura superior dos servizos administrativos do Senado, tarefas que exercerá baixo a autoridade da Mesa e do presidente.

 

Dependen directamente del os secretarios xerais adxuntos para asuntos parlamentarios e para asuntos administrativos. Así mesmo dependen do secretario xeral as seguintes unidades:

 

- GABINETE


Servizos de asistencia inmediata do secretario xeral, que se estruturan nunha Unidade de asesoramento e unha Unidade de coordinación, control e avaliación de proxectos.

 

- DIRECCIÓN DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS


Apoio, asistencia e asesoramento en materia de relacións cos medios de comunicación, imaxe institucional e protocolo do Senado, así como a información interna e externa e a supervisión da páxina web do Senado.

 

- INTERVENCIÓN


Fiscalización nas súas distintas modalidades e contabilización de todos os actos, documentos e expedientes da Secretaría Xeral do Senado dos que se deriven dereitos e obrigas de contido económico, así como o asesoramento en materia financeira.

 

- ASESORÍA XURÍDICA


Asesoramento xurídico, así como representación e defensa do Senado cando proceda, de conformidade coa normativa vixente.

 

- DOTACIÓN DE SEGURIDADE


SECRETARÍA XERAL ADXUNTA PARA ASUNTOS PARLAMENTARIOS

 

O letrado maior adxunto - secretario xeral adxunto para asuntos parlamentarios desempeña a xefatura inmediata e a coordinación dos servizos administrativos correspondentes ás seguintes direccións:

 

- DIRECCIÓN DE ASISTENCIA TÉCNICO-PARLAMENTARIA


Preparación, asesoramento, asistencia, apoio e execución nas materias propias da competencia do Pleno, a Deputación Permanente, a Mesa e a Xunta de Portavoces do Senado.


- DIRECCIÓN DE COMISIÓNS


Preparación, asesoramento, asistencia, apoio e execución nas materias propias da competencia das comisións do Senado.

 

 

- DIRECCIÓN DE ESTUDOS


Realización de estudos e análises relacionados coa actividade constitucional e parlamentaria, así como cos asuntos da Unión Europea.

 

- DIRECCIÓN DE DOCUMENTACIÓN


Realización de traballos documentais relacionados coa actividade do Senado.

 

- DIRECCIÓN DE RELACIÓNS INTERNACIONAIS


Preparación, organización e xestión dos asuntos internacionais e da cooperación interparlamentaria do Senado.

 

 

SECRETARÍA XERAL ADXUNTA PARA ASUNTOS ADMINISTRATIVOS

 

O letrado maior adxunto - secretario xeral adxunto para asuntos parlamentarios desempeña a xefatura inmediata e a coordinación dos servizos administrativos correspondentes ás seguintes direccións:

 

- DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS E GOBERNO INTERIOR


Xestión, asesoramento e control en materias propias do persoal que presta os seus servizos na Secretaría Xeral do Senado, así como no referente a prestacións a senadores, seguridade e prevención de riscos laborais, correspondéndolle ademais aquelas materias non atribuídas especificamente a outras direccións que afecten ao goberno interior do Senado.

 

- DIRECCIÓN DE ORZAMENTOS E CONTRATACIÓN


Asesoramento e xestión nas materias relativas á contratación, patrimonio mobiliario e artístico, orzamento e contabilidade do Senado.


- DIRECCIÓN TÉCNICA DE INFRAESTRUTURAS


Asesoramento e xestión en materia de edificios e instalacións do Senado.

 

- DIRECCIÓN DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DAS COMUNICACIÓNS


Asesoramento e xestión nas materias relacionadas co sistema informático e as comunicacións do Senado.