Xunta de Portavoces. Funcións

Última actualización: 09/01/2024

A Xunta de Portavoces está integrada polo presidente da Cámara e polos portavoces dos grupos parlamentarios (artículo 43.1 del Reglamento del Senado). Ás súas reunións, ademais dos portavoces dos distintos grupos parlamentarios, poderá asistir un representante do Goberno, habitualmente o secretario de Estado ou o director xeral de relacións coas Cortes. Tamén poderían asistir, no seu caso, representantes dos grupos territoriais (artículo 43.2 del Reglamento del Senado).

Reúnese regularmente todas as semanas, normalmente os martes antes da reunión da Mesa.

A Xunta de Portavoces debe ser oída, segundo o establecido no Regulamento do Senado (artículo 44 del Reglamento del Senado), en relación con diversos asuntos que afectan directamente á organización e desenvolvemento das actividades parlamentarias. Así, para a fixación da orde do día das sesións plenarias, que é determinado polo presidente, de acordo coa Mesa, a Xunta de Portavoces debe emitir antes o seu parecer. A Xunta de Portavoces debe ser tamén oída, previamente, antes de que pola Mesa se adopte un acordo en relación cos seguintes asuntos: aprobación do calendario de sesións plenarias de cada período de sesións e as súas modificacións; distribución entre os grupos parlamentarios das diversas iniciativas que se substancian no pleno, como preguntas, mocións e interpelacións; e fixación do número de membros da Deputación Permanente e das comisións e a súa distribución entre os grupos parlamentarios.

Igualmente, a Xunta de Portavoces ten un papel relevante respecto á ordenación dos debates parlamentarios, pois aínda que esta é unha facultade típica do presidente (artigo 37.2 do Regulamento do Senado), este adoita consultar antes a opinión dos portavoces. Así mesmo, a Xunta de Portavoces ten unhas funcións de natureza normativa, pois debe ser oída para a aprobación das normas interpretativas ou supletorias, que corresponde á Presidencia. Ademais, na práctica, a Xunta de Portavoces constitúe un foro onde, baixo a autoridade do presidente do Senado, os grupos parlamentarios fan suxestións e observacións sobre calquera aspecto relacionado co funcionamento e actividade da Cámara.