Ir al Contenido (Presione enter)

19 DECEMBRO 2017

XII LEXISLATURA

Mesa do Senado. Elección e funcións

A Mesa do Senado componse do presidente, dous vicepresidentes e catro secretarios. A súa elección para cada lexislatura ten lugar na sesión constitutiva da Cámara (artigos 4 e seguintes do Regulamento do Senado). A todos os seus membros elíxeselles por votacións secretas por medio de papeletas, cun sistema que asegura unha composición plural da mesma.

 

É o órgano reitor do Senado(artigo 35 do Regulamento do Senado) e reúnese regularmente todas as semanas, habitualmente os martes.

 

As súas competencias máis importantes son de carácter parlamentario e de goberno interior da Cámara.

 

FUNCIÓNS DE CARÁCTER PARLAMENTARIO: cualifica os escritos e documentos de índole parlamentaria, declara a súa admisión ou non admisión e decide o procedemento de tramitación das distintas iniciativas; así mesmo, programa as liñas xerais de actuación da Cámara, fixa o calendario de reunións do pleno para cada período de sesións e coordina os traballos dos distintos órganos do Senado, previa audiencia da Xunta de Portavoces (artigo 36 do Regulamento do Senado). Así mesmo, de acordo co presidente e oída a Xunta de Portavoces, a Mesa fixa a orde do día das sesións plenarias.

 

FUNCIÓNS DE GOBERNO INTERIOR: a Mesa adopta cantas decisións e medidas requiran a organización do traballo e o réxime interior da Cámara, así como aquelas que sexan necesarias en materia de contratación e de réxime laboral, e aproba o proxecto de orzamento do Senado para cada exercicio económico, dirixe a súa execución e ordena os gastos.

 

Ademais, os membros da Mesa teñen atribucións que se desprenden do seu propio cargo:


- O presidente, como máxima autoridade do Senado, exerce as funcións previstas nos artigos 37 e seguintes do Regulamento do Senado.


- Os vicepresidentes substituirán ao presidente cando fose necesario (artigo 40 do Regulamento do Senado).


- Aos secretarios corresponde redactar e autorizar as actas das sesións plenarias e dar conta de cantos documentos se remitan ao Senado ou se expidan pola Secretaría (artigo 41 do Regulamento do Senado).