A Mesa de idade

Última actualización  27/10/2015

 

A Mesa de idade é o órgano de goberno transitorio que se establece tras a apertura da sesión constitutiva do Senado ata a constitución da súa Mesa definitiva ou interina. As súas funcións limítanse a solucionar as cuestións de trámite iniciais e inmediatamente proceder á votación da Mesa definitiva, disolvéndose tras o escrutinio. Toma o seu nome do feito de que, ao ser un órgano transitorio e non electivo, úsase o criterio de idade para determinar a súa composición: presídea o senador de máis idade dos presentes, sendo auxiliado polos catro máis novos, que serán os Secretarios. (art. 3 Regulamento do Senado)