O Congreso dos Deputados e o Senado están disoltos dende 24 de setembro de 2019. Volveranse constituír o 3 de decembro de 2019.

Presidente do Senado

Última actualización 15/07/2019

Manuel Cruz Rodríguez

Presidente del Senado. Manuel Cruz Rodríguez

Manuel Cruz (Barcelona, 1951), presidente do Senado, é Senador por Barcelona.

Catedrático de Filosofía Contemporánea na Universidade de Barcelona.

Director do Departamento de Historia da Filosofía, Estética e Filosofía da Cultura na Facultade de Filosofía da devandita Universidade entre os anos 1986 a 1993.

Profesor visitante en diversas universidades europeas e americanas.

Dirixiu as coleccións "Pensamiento contemporáneo" e "Biblioteca del Presente", ambas na editorial Paidós, e foi codirector das coleccións "Filosofía, hoy", na editorial Santillana, e “Biblioteca Iberoamericana de Ensayo”, na editorial Paidós Mexicana. Dirixiu, así mesmo, a revista Barcelona METRÓPOLIS.

Na actualidade, é o responsable da colección “Pensamiento Herder”, na editorial Herder, e da serie "Pensamiento 21", na editorial Los libros de La Catarata.

De 2013 a 2016 foi presidente da asociación Federalistes d´Esquerres.

De 2016 a 2019 foi voceiro polo PSOE na Comisión de Educación e na de Ciencia, Innovación e Universidades no Congreso dos Deputados.

Autor de máis dunha trintena de títulos (algúns deles traducidos a outros idiomas) e compilador de case unha quincena de volumes colectivos.

Foi galardoado cos premios Anagrama de Ensayo 2005 polo seu libro Las malas pasadas del pasado; Espasa de Ensayo 2010 por Amo, luego existo; Premio Internacional de Ensayo Jovellanos 2012 por Adiós, historia, adiós, e Miguel de Unamuno 2016 por La flecha sin blanco de la historia.

O seu libro máis recente é o titulado Dar(se) cuenta.

Ten colaborado habitualmente en El País e El Confidencial.