Ir al Contenido (Presione enter)

18 OUTUBRO 2017

XII LEXISLATURA

Presidente do Senado. Elección e funcións

O presidente do Senado é elixido na sesión constitutiva da Cámara polo voto favorable da maioría absoluta dos seus membros.

 

No caso de que non se logre a maioría absoluta nunha primeira votación, realizarase unha segunda entre os senadores que empatasen co maior número de votos ou, en defecto deste suposto, entre os senadores que obtivesen as dúas maiores votacións, resultando elixido nesta segunda votación o senador que obteña o maior número de votos (artículo 7 del Reglamento del Senado).

 

En canto ás súas funcións, e como máxima autoridade do Senado, exerce a representación do mesmo, asegura a boa marcha dos traballos, convoca e preside o Pleno, a Deputación Permanente, a Mesa e a Xunta de Portavoces, dirixe e mantén a orde do debate, vela pola aplicación do Regulamento, aplica as medidas de disciplina parlamentaria, interpreta o Regulamento e suple, de acordo coa Mesa da Comisión de Regulamento, as lagoas deste. O presidente exerce ademais a autoridade suprema da Cámara no Palacio do Senado e nos edificios que dependen deste, para o que pode ditar as medidas necesarias e dar as ordes oportunas para o mantemento da boa orde no seu recinto (artículo 37 y siguientes del Reglamento del Senado).
 

 

O presidente do Senado ostenta unha importante posición no protocolo do Estado, xa que é a súa autoridade tras S. M. o Rei e os demais membros da Familia Real, o presidente do Goberno e o presidente do Congreso dos Deputados (artigos 10 e 12 do Real Decreto 2099/1983, do 4 de agosto, polo que se aproba o Ordenamento xeral de precedencias no Estado).
 

Na actualidade, preside o Senado o Excmo. Sr. D. Pío García-Escudero Márquez.