Ir al Contenido (Presione enter)

18 OUTUBRO 2017

XII LEXISLATURA

Presidentes do Senado. Dende 1977

PRESIDENTE_GARCIA_ESCUDERO_MARQUEZ

Pío GARCÍA-ESCUDERO MÁRQUEZ (Madrid, 1952)

Arquitecto. Presidente do Partido Popular de Madrid entre 1993 e 2004. Deputado da Asemblea de Madrid durante tres lexislaturas, entre 1991 e 2003. Senador designado pola Comunidade Autónoma de Madrid entre os anos 1995 e 2003. Senador electo por Madrid dende 2004 ata a actualidade. Na Cámara Alta exerceu o labor de voceiro do Grupo Parlamentario Popular durante tres lexislaturas, nunha primeira etapa entre 1996 e 1999, e nunha segunda entre 2004 e 2011.
Presidente do Senado na X Lexislatura (2011-2015) e na actual.
PRESIDENTE_ROJO_GARCIA

Francisco Javier ROJO GARCÍA (Pamplona, 1949).

Mestre industrial especializado en Artes Gráficas. Membro do Partido Socialista Obreiro Español dende 1976. Membro do Consello de Administración da Caixa de Aforros de Áraba e dúas veces concelleiro do Concello de Vitoria, deputado foral de Áraba e procurador das Xuntas Xerais entre os anos 1979 e 2004. Membro do Parlamento Vasco en 2001-2002. Deputado por Áraba en tres lexislaturas de 1982 a 1993 e Senador dende ese ano ata 2011.
Presidente do Senado na VII e IX Lexislatura (2004 - 2008 e 2008 - 2011)
38 Juan José Lucas Giménez

Juan José LUCAS JIMÉNEZ (Burgo de Osma, Soria, 1944).

Funcionario. Concelleiro do Concello de Soria, presidente da Deputación Provincial entre 1985 e 1986. Membro do Partido Popular, foi presidente da Comunidade de Castela e León de 1991 a 2001, cargo ao que renuncia para ocupar o Ministerio da Presidencia. Deputado na III e IV Lexislatura e senador designado pola Comunidade Autónoma de Castela e León dende 2002 ata a actualidade.
Presidente do Senado na VII Lexislatura (2002- 2004)
37 Esperanza Aguirre Gil de Biedma

Esperanza AGUIRRE GIL DE BIEDMA (Madrid, 1952).

Licenciada en Dereito e funcionaria do Corpo de Técnicos de Información e Turismo do Estado. Afiliada ao Partido Liberal, intégrase en 1986 no Partido Popular. Concelleira e tenente de alcalde do Concello de Madrid. En 1996, ministra de Educación e Ciencia. Senadora electa por Madrid nas VI e VII Lexislatura e presidenta desa comunidade autónoma dende 2003 ata 2012.
Presidenta do Senado na VI e VII Lexislatura (1999 - 2000 e 2000 - 2002)
36 Juan Ignacio Barrero Valverde

Juan Ignacio BARRERO VALVERDE (Mérida, Badajoz, 1943).

Licenciado en Dereito. Avogado. Profesor de Dereito Constitucional da UNED en Estremadura. Membro do Partido Popular. Parlamentario da Asemblea de Estremadura en tres ocasións. Senador por Badaxoz na IV, V e VI Lexislatura e Deputado na VII.
Presidente do Senado na VI Lexislatura (1996- 1999)
35 Juan José Laborda Martín

Juan José LABORDA MARTÍN (Bilbao, 1947).

Periodista e profesor de Historia Moderna e Contemporánea. En 1975 ingresa no Partido Socialista Obreiro Español. Membro do Consello Xeral de Castela e León. Membro da Asemblea do Consello de Europa. Procurador na Xunta de Castela e León en 1987 e candidato á súa presidencia. Senador por Burgos dende a Lexislatura Constituínte ata o ano 2008. Fundador do Instituto Rexional Castelán-leonés e membro da Sociedade de Estudos Vascos.
Presidente do Senado na IV e V Lexislatura (1989-1993 e 1993-1996)
34 José Federico de Carvajal Pérez

José Federico de CARVAJAL PÉREZ (Málaga, 1930).

Avogado. Membro do Partido Socialista Obreiro Español dende 1956. Foi elixido Senador por Ávila na Lexislatura Constituínte, na que foi secretario terceiro e presidente da Comisión Constitucional. Membro da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa. Deputado entre 1989-1993.
Presidente do Senado na II e III Lexislatura (1882-1986 e 1986-1989)
33 Cecilio Valverde Mazuelas

Cecilio VALVERDE MAZUELAS (Córdoba, 1927 – Madrid, 2001).

Avogado. Bufete en Córdoba e máis tarde en Madrid co entón decano Antonio Pedrol Ríus. A súa actividade política iníciase en 1976, cando participa na fundación do Partido Social Liberal Andaluz, integrado posteriormente na Unión de Centro Democrático. Secretario do Colexio de Avogados de Córdoba de 1962 a 1966 e membro do Consello de Administración da Caixa Provincial de Aforros de Córdoba. Senador por Córdoba nas Lexislaturas Constituínte e primeira.
Presidente do Senado na I Lexislatura (1979- 1982)
32 Antonio Fontán Pérez

Antonio FONTÁN PÉREZ (Sevilla, 1923 – Madrid, 2010).

Catedrático de Filoloxía dende 1949, periodista e escritor. Director, entre outros, do diario Madrid e vicepresidente da Cadea de Emisoras SER. Autor de numerosas publicacións científicas sobre lingüística, historia do humanismo e filoloxía latina. Membro do Consello Privado do Conde de Barcelona e profesor do entón príncipe D. Juan Carlos de Borbón. Interveu na fundación do Partido Demócrata, integrado logo en Unión de Centro Democrático. Ministro de Administración Territorial en 1977.
Presidente do Senado na Lexislatura Constituínte (1977- 1979)