O Congreso dos Deputados e o Senado están disoltos dende 24 de setembro de 2019. Volveranse constituír o 3 de decembro de 2019.

Presidente do Senado. Saúdo


Última actualización 02/07/2019

Manuel Cruz Rodríguez

Manuel Cruz Rodríguez, Presidente del Senado

Benvidos e benvidas ao Senado, a Cámara de representación territorial do Estado e que, xunto co Congreso dos Deputados, representa ao pobo español, segundo a Constitución. En todo o seu conxunto e en toda a súa diversidade, que é, á vez, a súa riqueza.

Como acontece con todas as institucións democráticas, a cidadanía reclama que os seus representantes se ocupen das súas preocupacións, que lles dean solución aos seus problemas e que amosen empatía polas súas arelas. Por iso, nesta XIII lexislatura, o meu desexo como presidente é que o Senado sexa unha Cámara útil, vibrante, aberta e que escoita. Unha ágora onde os cidadáns atopen voz e canle ás súas inquedanzas e demandas, que estea presente nos distintos territorios do Estado autonómico consagrado na Constitución e que sexa accesible aos cidadáns.

Un lugar para a reflexión, o debate, o diálogo e o acordo, e no cal, co consenso dos grupos que o integran, poida dárselles resposta aos desafíos que temos como país e ás materias que hoxe nos preocupan como sociedade e nas que se xoga a nosa cohesión social.

O noso modelo territorial necesita, na mesma proporción, renovación e diálogo.

Estou seguro de que entre todos conseguiremos que, ao rematar a lexislatura, moitas das solucións a estes desafíos nacesen e pasasen por un Senado ao servizo de España e de todos vostedes, os seus cidadáns.