O Congreso dos Deputados e o Senado están disoltos dende 24 de setembro de 2019. Volveranse constituír o 3 de decembro de 2019.

PROTECCION SOCIAL DO SENADOR

 Última revisión 11/11/2019

 

 

 

 

 

 

 


Cotizacións

 

O artigo 24.2 e 3 do Regulamento do Senado dispón que:

 

2. Durante o exercicio do seu mandato, os senadores que, como consecuencia da súa dedicación, causen baixa nos réximes da Seguridade Social aos que previamente estivesen afiliados, poderán solicitar nova alta nos mesmos, correndo a cargo do Senado o aboamento das súas cotizacións, a cuxo efecto figurará no orzamento da Cámara a correspondente consignación.
Igualmente serán a cargo do Senado as cotas das respectivas clases pasivas e mutualidades obrigatorias que correspondan aos senadores, a cuxo fin consignarase a partida orzamentaria que corresponda.

 

3. Un sistema de previsión conterá pensións de retiro e outras prestacións económicas a favor dos senadores.”

 

En función do anterior a Cámara aboa a cota correspondente á Seguridade Social dos senadores que proveñen deste réxime ou procede a dar de alta a aqueles que accederan ao Senado sen esta cobertura. Igual protección préstase se o senador provén doutro sistema diferente á Seguridade Social.

 

A devandita protección social mantense durante o mandato do Senador e, no caso de disolución, ata a constitución da nova Cámara.

Outras axudas


As Cortes Xerais teñen concertada unha póliza de seguro de accidentes corporais a favor dos Deputados e Senadores que cobre riscos de morte por accidente, incapacidade permanente e outras lesións.
 


Prestacións a favor dos ex-parlamentarios

 

Unha vez producida a perda do mandato, a protección social dos ex-parlamentarios atópase prevista no regulamento de pensións parlamentarias e outras prestacións económicas a favor dos ex-parlamentarios, aprobado na reunión conxunta das Mesas do Congreso dos Deputados e do Senado celebrada o día 11 de xullo de 2006 (B.O.C.G., Sección Cortes Xerais, Serie A, núm. 278, do 14 de xullo de 2006 e BOCG, Sección Cortes Xerais, Serie A, núm. 307, do 10 de outubro de 2006) modificado con posterioridade por acordo das Mesas do Congreso dos Deputados e do Senado, na súa reunión conxunta do día 18 de decembro de 2007 (B.O.C.G., Sección Cortes Xerais, Serie A, núm. 473, do 02 de xaneiro de 2008) e novamente modificado polo mesmo órgano o día 19 de xullo de 2011 (B.O.C.G., Sección Cortes Xerais, Serie A, núm. 455, do 22 de xullo de 2011).

 

As Mesas do Congreso dos Deputados e do Senado, na súa reunión conxunta do 25 de xaneiro de 2012 acordaron suspender as achegas das Cámaras ao plan de previsión social a que fai referencia o artigo 16.1 do Regulamento de pensións parlamentarias e outras prestacións económicas a favor dos ex-parlamentarios.


Publicidade dos complementos de pensión, axudas e indemnizacións

 

A Disposición Adicional Terceira (nova) do Regulamento de Pensións Parlamentarias e outras prestacións económicas a favor dos ex-parlamentarios, aprobada polas Mesas do Congreso dos Deputados e do Senado, na súa reunión do día 19 de xullo de 2011, dispón o seguinte:

 

A relación de perceptores dos complementos de pensión, axudas e indemnizacións previstas neste Regulamento, así como as contías das mesmas publicaranse nas páxinas web do Congreso dos Deputados e do Senado.”

 

En cumprimento deste mandato publícanse a continuación os datos requiridos.

 

Pensións parlamentarias

 

Complementación de ingresos

 

Indemnización por cesamento

 

Indemnización de transición