Ir al Contenido (Presione enter)

17 OUTUBRO 2017

XII LEXISLATURA

Asistencia a sesións plenarias

 

As sesións plenarias do Senado son públicas. As persoas interesadas en asistir aos debates do Pleno do Senado poderán facelo dende a tribuna pública do hemiciclo.
 
O acceso será pola rúa Bailén, 3.

Como solicitar a asistencia a unha sesión plenaria do Senado?

SOLICITUDE:
 
As persoas interesadas en asistir a unha sesión plenaria deberán cubrir un formulario.
 
O número máximo de integrantes dun grupo será de 35 persoas. Se o grupo ten un número maior de integrantes deberanse solicitar dúas horas diferentes.
 
Cando se trate de grupos de escolares os visitantes deberán atoparse cursando estudos, como mínimo, de segundo ciclo de Educación Secundaria.
 
As visitas ao Pleno deberán solicitarse cunha antelación de polo menos 15 días naturais.
 
Para acceder ao Senado, os visitantes deberán presentar o seu DNI ou pasaporte.
 
CONFIRMACIÓN DA RESERVA:
 
Unha vez recibida a solicitude, a Área de Visitas remitirá, á maior brevidade posible, confirmación da mesma, xunto cun formulario no que deberá facilitarse a relación de asistentes con polo menos 7 días de antelación á asistencia á sesión plenaria.
 
No caso de cambios na actividade parlamentaria do Senado, a Área de Visitas contactará co solicitante á maior brevidade posible co obxecto de buscar unha nova data de asistencia á sesión plenaria.
 

Como asistir ás sesións plenarias?

Se desexa preparar a súa asistencia á sesión plenaria pode acceder á orde do día da sesión, á distribución de escanos no hemiciclo, así como a información xeral sobre as funcións do Senado e os procedementos parlamentarios.
 
Os cidadáns que asistan ás sesións plenarias do Senado dende a tribuna pública deberán respectar as normas establecidas:
 
-        Gardar silencio.
-        Apagar os teléfonos móbiles.
-        Coidar que non caian obxectos dende a tribuna ao Salón de Sesións.
-        Non facer fotografías nin vídeos.
-        Absterse de aplaudir ou de realizar calquera manifestación de aprobación.
-        Absterse de proferir gritos, exclamacións ou calquera outras manifestacións de desaprobación.
 
 
 
Contactar
 
Para obter información adicional poderá dirixirse a:
 
Correo electrónico: visitas@senado.es
Teléfonos: 91 538 13 75 / 91 538 19 38