Ir al Contenido (Presione enter)

19 OUTUBRO 2017

XII LEXISLATURA

Cando visitar o Senado?

 
O Senado de España pódese visitar, sempre que a actividade parlamentaria o permita, de luns a venres, ás 10, 11, 12 e 13 horas. As visitas son guiadas e gratuítas, cunha duración aproximada dunha hora. Este horario poderá ser modificado cando a actividade parlamentaria do Senado así o requira.
 
Non se realizarán visitas guiadas durante Semana Santa, festivos e nos días nos que está previsto celebrar sesión plenaria, en cuxo caso é posible asistir ás sesións plenarias.
 
Recomendámoslle que consulte o calendario de sesións plenarias.

 

Como solicitar a visita?

 
As persoas interesadas, particulares ou grupos, que desexen visitar o Senado deberán cubrir un formulario.
 
O número máximo de integrantes dun grupo será de 55 persoas. Se o grupo ten un número maior de integrantes deberanse solicitar dúas visitas en horas distintas. Se o grupo fose reducido poderase engadir a outro que xa tivese concertada unha visita. Os solicitantes individuais tamén poderán ser incorporados a un grupo xa concertado.
 
As visitas deberán solicitarse cunha antelación de polo menos 15 días naturais.
 
Cando se trate de grupos de escolares os visitantes deberán atoparse cursando estudos, como mínimo, de terceiro ciclo de Educación Primaria.
 
Para acceder ao Senado, os visitantes deberán presentar o seu DNI ou pasaporte.
 
 
CONFIRMACIÓN DA RESERVA:
 
Unha vez recibida a solicitude, a Área de Visitas remitirá, á maior brevidade posible, confirmación da mesma, xunto cun formulario no que deberá facilitarse a relación de asistentes con polo menos 7 días de antelación á visita.
 
No caso de que a actividade parlamentaria imposibilite realizar a visita previamente concertada, a Área de Visitas do Senado contactará co solicitante á maior brevidade posible co obxecto de buscar unha nova data.
 

Que se visita?

Durante o percorrido guiado mostraranse as diferentes salas, os cadros máis relevantes e ofrecerase unha breve explicación sobre a súa historia, a composición e o funcionamento do Senado. A duración da visita é de aproximadamente unha hora.
 
Se desexa preparar a visita, pode acceder á visita virtual, así como información sobre a arte e patrimonio do Senado, a súa historia, a súa composición e o seu funcionamento.
 
 
            Contactar
         
          Para obter información adicional poderá dirixirse a:
 
          Correo electrónico: visitas@senado.es
          Teléfonos: 91 538 13 75/ 91 538 19 38