Composición do Senado

Última revisión 09/01/2024

O Senado na XV Lexislatura está composto por un total de 266 Senadores, elixidos por un dobre procedemento:

Senadores electos en circunscricións

Artigo 69 da Constitución e artigos 161 165 e 166 da Lei orgánica do réxime electoral xeralut.

A maior parte dos senadores son elixidos en circunscricións provinciais: en cada provincia se elixen catro senadores. Non obstante, nas provincias insulares, cada illa ou agrupación delas constitúe unha circunscrición a efectos de elección, correspondendo elixir tres senadores a cada unha das illas maiores (Gran Canaria, Mallorca e Tenerife) e un a cada unha das restantes illas (Ibiza-Formentera, Menorca, Fuerteventura , Gomera, Hierro, Lanzarote e La Palma). As poboacións de Ceuta e Melilla elixen cada unha delas dous senadores.

Os Senadores elixidos por circunscrición son elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. Son electores os españois maiores de 18 anos que non fosen privados do dereito de sufraxio. Os requisitos para presentarse como candidato e ser elixido Senador son os mesmos que os de elector e que, ademais, non concorran causas de inelixibilidade.

Cada elector pode dar ata tres votos nas circunscricións provinciais, dous votos nas illas maiores, Ceuta e Melilla, e un voto nas restantes illas.

Aínda que os candidatos aparecen agrupados por partidos políticos na papeleta de votación, as candidaturas son individuais para os efectos de votación e escrutinio, de tal xeito que o elector pode votar a candidatos de forzas políticas diversas. É, xa que logo, un sistema distinto do das listas de partido, cerradas e bloqueadas, do Congreso dos Deputados.

Para máis información:

Senadores designados polos Parlamentos Autonómicos

Os senadores designados polos parlamentos autonómicos, o son a razón dun fixo por cada comunidade autónoma e outro máis por cada millón de habitantes do seu respectivo territorio. Por tanto, o número de senadores que integran este segundo grupo é variable. De feito, creceu nas últimas lexislaturas como consecuencia do aumento da poboación.  A designación dos senadores polos parlamentos autonómicos configúrase como unha elección indirecta ou de segundo grao, no sentido de que non son elixidos pola poboación pero si por representantes elixidos por esta (os membros destes parlamentos). O único requisito que a Constitución esixe é o de asegurar a adecuada representación proporcional, o que supón reservar a cada grupo parlamentario do respectivo parlamento un número de escanos proporcional á súa forza numérica. Cada comunidade autónoma regula no seu estatuto, lei autonómica e/ou regulamento da cámara o procedemento de elección. Algunhas comunidades autónomas esixen ou admiten que a elección recaia en membros do seu parlamento, coa consecuencia de que o elixido asume un dobre mandato. Outras polo contrario exclúen esta esixencia e permiten a designación como senador de persoas que non pertencen a ese parlamento. Tamén adoita requirirse ser residente na comunidade da que procede a designación.

Para máis información: