O Senado na historia constitucional Española

Última actualización 22/02/2016

1812

Ejemplar de la Constitución Española de 1812

O Parlamento moderno naceu en España a principios do século XIX coa convocatoria das Cortes que aprobarían en Cádiz, en 1812, a primeira Constitución española. Tanto nese primeiro precedente como nas Cortes reguladas nesa Constitución o Parlamento consistía nunha soa Cámara. Estas Cortes estiveron vixentes ata 1814, ano en que Fernando VII restableceu a monarquía absoluta, e renaceron de 1820 a 1823, durante o trienio constitucional.

Curiosamente esas Cortes unicamerais reuníronse, nas sesións que celebraron en Madrid, na igrexa do convento que posteriormente sería sede do Senado.

1834

O Estatuto Real de 1834 estableceu unhas Cortes bicamerais, cunha Cámara alta chamada Estamento de Próceres e unha Cámara baixa chamada Estamento de Procuradores.

1837, 1845, 1873, 1876

Ejemplar de la Constitución de 1837

Coa Constitución de 1837 a Cámara alta adoptou o nome de Senado e a baixa o de Congreso dos Deputados, denominacións que se mantiveron nas restantes constitucións do século XIX (1845, 1869, 1873 e 1876).

O Senado do século XIX tivo unha composición diversa segundo as constitucións vixentes.

En xeral, respondía ao modelo aristocrático, sen apenas raíz electiva.

Os seus membros eran unhas veces natos (en función do cargo que ocupaban), outras veces designados polo Rei, outras veces cooptados dentro de certas corporacións ou clases e, finalmente, en poucos casos, elixidos indirectamente entre certas persoas.

As súas funcións eran lexislativas, de control e orzamentarias, coas mesmas facultades que o Congreso dos Deputados, agás no caso das leis sobre contribucións ou crédito público, nas que o Congreso tiña unha certa preeminencia.

A Constitución de 1876 e as Cortes bicamerais estiveron vixentes ata 1923, ano en que se instaurou a Ditadura do xeneral Primo de Rivera.

1931

A Segunda República, proclamada en 1931, volveu ao modelo de Parlamento unicameral, por tanto, sen Senado.

1978

Coa Lei para a reforma política de 1977 - lei que posibilitou a transición do franquismo ao novo sistema democrático- reapareceu o Parlamento bicameral, con dúas cámaras que recibiron a denominación tradicional de Senado e Congreso dos Deputados.

O novo Senado compúñase de 248 senadores, dos cales 207 senadores o foron de elección directa: catro elixidos directamente pola poboación de cada provincia, agás no caso das provincias insulares en que se elixían cinco e dous en Ceuta e dous en Melilla. Aos anteriores engadíronse 41 senadores de designación real.

1978

As novas cámaras elixidas o 15 de xuño de 1977 encargáronse de debater e aprobar a nova Constitución do 27 de decembro de 1978. Antes da súa promulgación foi sometida a referendo o 6 de decembro de 1978, no que obtivo unha amplísima aprobación do pobo español.

Ejemplar de la Constitución Española de 1978

O Parlamento español establecido nesta Constitución recibe o nome (artigo 66.1) de Cortes Xerais. Mantense o modelo bicameral pois, segundo ese mesmo artigo, "as Cortes Xerais están formadas polo Congreso dos Deputados e polo Senado".

Congreso e Senado son de elección popular, o que sitúa ao noso bicameralismo no tipo democrático, lonxe do aristocrático do século XIX, o cal concorda coa mención que fai o artigo 66.1 da Constitución de que "as Cortes Xerais representan ao pobo español".

A composición do novo Senado parécese bastante á da Lei para a reforma política: 208 senadores son elixidos directamente pola poboación, normalmente en circunscricións provinciais. Pero tamén aparecen novidades importantes. Por un lado, o Senado é definido polo artigo 69.1 como “Cámara de representación territorial” e créase un segundo grupo de senadores, elixidos polos parlamentos autonómicos, a razón dun senador fixo e outro máis por cada millón de habitantes da poboación da respectiva comunidade autónoma. Por outro lado, desaparecen os senadores de designación real.

Ata a data, o Senado tivo as seguintes Lexislaturas:

LEGISLATURA DURACIÓN
Constituyente (13/7/1977-2/1/1979)
I (27/3/1979-31/8/1982)
II (18/11/1982-23/4/1986)
III (15/7/1986-2/9/1989)
IV (21/11/1989-13/4/1993)
V (29/6/1993-9/1/1996)
VI (27/3/1996-18/1/2000)
VII (5/4/2000-20/1/2004)
VIII (2/4/2004-15/1/2008)
IX (1/4/2008-27/9/2011)
X (13/12/2011-27/10/2015)
XI (13/01/2016 - 03/05/2016)

Para máis información: Arquivo. O Senado na historia