Presenza de mulleres no Senado

Última actualización 24/11/2016

IMAGEN PRESENCIA MUJERES SENADO 2016

A presenza de mulleres no Senado viuse incrementada pola reforma electoral de 2007, que impón nas candidaturas de lista unha composición equilibrada de homes e mulleres.

 
Na actualidade hai 98 senadoras. Esta cifra non supón certamente unha composición equilibrada respecto ao total de membros do Senado (266). A razón deste desfase radica, en grande medida, no sistema electoral do Senado, que dificulta as candidaturas equilibradas, sobre todo en comparación coas do Congreso: os partidos e coalicións vense impulsados a presentar tres candidatos na maioría das circunscricións, co que non pode garantirse máis que unha candidatura a calquera dos sexos. Deste modo, dentro dunha mesma candidatura un sexo pode ter un candidato máis que o outro. Ademais, o elector pode dar os seus tres votos libremente, polo que a paridade dependerá tamén da súa selección.
 
Doutra parte, no caso dos senadores designados polos parlamentos autonómicos a esixencia de distribución proporcional entre os seus grupos parlamentarios tamén dificulta este equilibrio, dado que hai grupos que soamente poden propor un candidato, polo que forzosamente un sexo se queda sen representación por esta vía. Así mesmo o feito de que algunhas comunidades autónomas designen un número reducido e impar de senadores contribúe a este resultado.
Para máis información: