Ir al Contenido (Presione enter)

19 AGOSTO 2019

XIII LEXISLATURA

Dicionario de termos

Termos xerais

Lectura única.

Procedemento lexislativo especial cuxa peculiaridade estriba en que o texto lexislativo é directamente debatido, e no seu caso aprobado, polo Pleno da Cámara sen que pase antes por comisión ou ponencia. Pode utilizarse en iniciativas lexislativas cuxa natureza ou simplicidade o permiten. O procedemento debe ser acordado polo Pleno, a proposta da Mesa, oída a Xunta de Portavoces. No Congreso dos Deputados poden presentarse emendas de totalidade e ao articulado; no Senado propostas de veto exclusivamente. O seu debate en Pleno é o previsto para os debates de totalidade ou de propostas de veto, se as hai.

Letrado Maior do Senado ou Secretario Xeral.

Exerce a xefatura dos servizos administrativos que constitúen a administración parlamentaria e responde ante o presidente da Cámara. É designado pola Mesa do Senado, a proposta do presidente, entre funcionarios do corpo de letrados das Cortes Xerais.

Lexislatura.

Período de tempo polo cal é elixido un parlamento ou, o que é o mesmo, o tempo de duración do mandato dos membros dunha cámara. No caso do Congreso dos Deputados e do Senado a lexislatura conclúe no momento da disolución das cámaras e, en todo caso, catro anos despois da data das eleccións xerais.