O Congreso dos Deputados e o Senado están disoltos dende 24 de setembro de 2019. Volveranse constituír o 3 de decembro de 2019.

Ir al Contenido (Presione enter)

14 OUTUBRO 2019

XIII LEXISLATURA

Dicionario de termos

Termos xerais

Obstrución

Comportamento dun parlamentario dirixido a impedir, en ocasións abusando dos medios regulamentarios ao seu alcance, a tramitación de asuntos ou a adopción de acordos no seo dos órganos parlamentarios. Exemplos de obstrución parlamentaria son: o abuso da palabra; as peticións reiteradas e inxustificadas de quórum para deliberar e votar; as solicitudes de votación nominal; ou o absentismo que impide alcanzar o quórum necesario para a adopción de acordos.

Orde do día.

Relación dos asuntos que un órgano parlamentario vai examinar nunha reunión. A orde do día fíxase de forma previa á reunión do órgano, co que se evita que poidan tratarse temas de forma sorpresiva ou sen coñecemento dalgún dos membros da Cámara. A súa elaboración e eventual modificación ten gran importancia porque determina cal é a prioridade que se vai asignar ás dis¬tintas iniciativas que están en tramitación.
No Senado a orde do día do Pleno fíxaa o presidente de acordo coa Mesa e oída a Xunta de Portavoces. O representante do Goberno pode incluír un só asunto con carácter prioritario. A orde do día das comisións fíxaa o seu presidente, oída a Mesa respectiva e tendo en conta, no seu caso, o programa de traballos da Cámara. Un terzo dos membros da Comisión poderá incluír un só asunto con carácter prioritario.
 

Orzamento do Senado.

A autonomía financeira das cámaras implica que cada unha delas aproba autonomamente o seu propio orzamento, determinando o volume de ingresos que necesitan para exercer as súas tarefas. A elaboración e aprobación do Orzamento do Senado encoméndase á súa Mesa. Unha vez aprobado, remítese ao Goberno para a súa inclusión no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado. A autonomía abarca tamén a xestión e execución do orzamento. A fiscalización realízaa a Intervención do Senado e a aprobación da liquidación efectúaa a Mesa.

Orzamentos Xerais do Estado.

Expresión cifrada, conxunta e sistemática das obrigas e os dereitos a liquidar durante o exercicio por cada un dos órganos e entidades que forman parte do sector público estatal.

O Senado, co Congreso dos Deputados, aproba os Orzamentos Xerais do Estado. A tramitación do proxecto de Lei de Orzamentos segue o procedemento lexislativo ordinario, con algunhas particularidades entre as que cabe destacar que a tramitación goza de preferencia sobre os demais traballos da Cámara, que as emendas que impliquen a impugnación completa dunha sección se tramitan como propostas de veto e que as emendas que supoñan aumento de crédito deben contemplar unha baixa de igual contía na mesma sección.