Ir al Contenido (Presione enter)

22 XULLO 2019

XIII LEXISLATURA

Dicionario de termos

Termos xerais

Veto.

Rexeitamento do Senado ao proxecto ou proposición de lei que lle foi remitido, despois da súa tramitación, polo Congreso dos Deputados, que require a aprobación por maioría absoluta dos senadores. Para superar este veto, o Congreso dos Deputados terá que ratificar por idéntica maioría absoluta o texto que remitido, ou por maioría simple se transcorreron dous meses dende a interposición do mesmo.

Viaxe oficial.

Desprazamento realizado por un parlamentario, unha delegación parlamentaria ou un órgano da Cámara para atender convocatorias de actos e reunións de carácter oficial, xa sexa de carácter nacional ou internacional.

Vicepresidente do Senado.

Membro da Mesa do Senado elixido na sesión constitutiva da Cámara entre os seus membros. Os vicepresidentes, pola súa orden, substitúen ao presidente, exercendo as súas funcións en caso de vacante, ausencia ou imposibilidade deste. Desempeñan ademais calquera outras funcións que lles encomende o presidente ou a Mesa. Véxase “Mesa do Senado”.

Visita oficial.

Visita realizada á Cámara por parlamentarios, delegación ou autoridades doutros países, no marco de actos e reunións de carácter público e oficial.

Votación.

Procedemento a través do cal os órganos colexiados adoptan as súas decisións. No caso do Parlamento, o seu carácter de órgano deliberante fai que normalmente vaia precedida dun debate sobre a cuestión que será sometida a votación. Existen varios sistemas de votación: por procedemento electrónico (que é o utilizado habitualmente), nominal por chamamento, por alzados e sentados, por asentimento, etc. Á súa vez, a votación nominal poderá ser pública ou secreta.

Votación nominal.

Procedemento de votación no que queda constancia da relación nominal de votantes. Pode ser pública ou secreta.
No Senado, na votación nominal pública, un secretario vai chamando, por orde alfabética, a cada un dos membros da Cámara, que deberán responder se votan “si”, “non” ou se absteñen. A votación nominal pública tamén pode realizarse mediante procedemento electrónico. Na votación nominal secreta, que pode levarse a cabo por papeletas ou polo sistema de bolas brancas e bolas negras, un secretario vai chamando, por orde alfabética, a cada un dos membros da Cámara, que deberá depositar a papeleta ou a bola no lugar correspondente.
 

Votación por asentimento.

Procedemento polo cal se entende aprobada unha proposta se, unha vez enunciada polo presidente da sesión, non suscita oposición dos parlamentarios asistentes.

Voto.

Dereito do parlamentario a expresar a súa vontade sobre calquera asunto que sexa sometido a votación na Cámara ou na comisión da que forme parte. Pode ser afirmativo ou negativo e cabe a abstención. É un dereito persoal indelegable.

Voto particular.

Proposta a través da cal os parlamentarios ou grupos parlamentarios manifestan a súa intención de defender no Pleno as emendas a un proxecto ou proposición de lei que, sendo defendidas en comisión, non foron incorporadas ao ditame aprobado por esta.

Voto ponderado.

Votación na que un parlamentario, normalmente o portavoz dun grupo parlamentario, emite tantos votos como escanos ten o citado grupo.