Ir al Contenido (Presione enter)

11 DECEMBRO 2017

XII LEXISLATURA

  1. INTRODUCIÓN
  2. RESPONSABLE DA CARTA DE SERVIZOS
  3. SERVIZOS AOS CIDADÁNS
    1. OFICINA DE INFORMACIÓN
    2. INFORMACIÓN A TRAVÉS DA PÁXINA WEB
      1. Información sobre actividade parlamentaria
      2. Emisión en directo das sesións e arquivo audiovisual
      3. Composición e organización do Senado
      4. Información xeral sobre o Senado
      5. Buscadores
      6. Consulta de catálogos e bases de datos da biblioteca e recursos documentais
      7. Servizos de difusión selectiva de información
      8. O Senado e os mozos
    3. ACCESO AO ARQUIVO
    4. PARTICIPACIÓN
    5. VISITAS AO SENADO E ASISTENCIA A SESIÓNS PLENARIAS
    6. OPOSICIÓNS, PROCESOS SELECTIVOS, BOLSAS E SEMINARIOS
    7. CONTRATACIÓN
  4. SUXESTIÓNS E QUEIXAS
  5. DEREITOS E OBRIGAS DO CIDADÁNS
    1. DEREITOS
    2. OBRIGAS
  6. NORMAS DE APLICACIÓN
  7. COMPROMISOS E INDICADORES DE CALIDADE
 

INTRODUCIÓN

 
O Senado exerce, xunto co Congreso dos Deputados, a potestade lexislativa do Estado, aproba os seus orzamentos e controla a acción do Goberno, ademais doutras competencias expresadas na Constitución española. Actúa con plena autonomía no exercicio das súas funcións.
 
O obxectivo da Carta de Servizos é mellorar os niveis de calidade na xestión dos servizos e, en especial, facilitar a difusión e o acceso á información. O Senado garante a actualización permanente e a calidade da información que ofrece a través da páxina web e da Oficina de Información, e garante o acceso aos documentos custodiados no Arquivo do Senado. Así mesmo, coa finalidade de acercar o Senado aos cidadáns, ábrense canais de comunicación e participación cos cidadáns e facilítase a asistencia á sede.
 
A través da Carta de Servizos o Senado informa aos cidadáns sobre os compromisos de calidade que adquire na prestación dos servizos e sobre os dereitos e obrigas dos cidadáns nas súas relacións co Senado.
           
Atendendo a estas consideracións a Mesa do Senado, na súa reunión do día 23 de outubro de 2012, aprobou a presente CARTA DE SERVIZOS. 
 

RESPONSABLE DA CARTA DE SERVIZOS

 
A Secretaría Xeral do Senado é responsable da Carta de Servizos e encárgase de velar polo cumprimento dos compromisos adquiridos na mesma e de impulsar as pertinentes accións de mellora.
 
Secretaría Xeral do Senado
c/ Bailén nº 3
28071 – Madrid
Teléfono: 915 381 000
Correo electrónico: sgral@senado.es
 

SERVIZOS AOS CIDADÁNS

 

OFICINA DE INFORMACIÓN

 
A Oficina de Información actúa como un servizo central encargado de recibir e responder consultas e difundir información sobre a composición e as actividades do Senado, así coma sobre os contidos e servizos ofrecidos a través da súa páxina web.
 
Non ofrece opinións nin participa en debates cos cidadáns. Tampouco atende consultas sobre aplicación ou interpretación lexislativa.
 
Canles de atención:
 
Telefónica: 900 103 038; 915 381 852/853/854; 915 381 518
 
Electrónica:formulario
 
Twitter:@SenadoEsp
 
Postal:  Oficina de Información. Senado
Calle Bailén nº 3
28071Madrid
 
Horario: De luns a xoves, de 9:30h a 14h. e de 16h. a 18:30h. e venres de 9:30h. a 14h.
 
 

INFORMACIÓN A TRAVÉS DA PÁXINA WEB (www.senado.es)

 
O Senado ofrece a través da súa páxina web información exhaustiva e actualizada en aras de garantir a transparencia da súa actividade, coa que se pretende facilitar aos cidadáns o coñecemento e a fiscalización da súa actuación.
 
O Senado comprométese a realizar o esforzo necesario para que a información se presente dunha maneira estruturada, entendible, reutilizable e accesible para todos os cidadáns.
 
 

Información sobre actividade parlamentaria:

 

  • Calendario e axendas
  • Publicación das convocatorias, axendas e, no seu caso, ordes do día dos órganos do Senado (Mesa, Xunta de Portavoces, Pleno, Deputación Permanente, Comisións e Ponencias de estudo), así como das previsións da actividade institucional e internacional da Cámara.

     

  • Leis en tramitación e aprobadas
  • Información sobre leis en tramitación, con indicación da fase na que se atopa o procedemento, e sobre leis aprobadas. Facilítase o acceso ao expediente completo, dende o que é posible consultar todos os documentos presentados ao longo da tramitación, os debates – a través das gravacións de vídeo e as transcricións do Diario de Sesións-, o resultado das votacións e os textos aprobados nas distintas fases, así como a ligazón ao BOE.

     

  • Control ao Goberno e impulso político
  • Acceso ás iniciativas de control ao Goberno e impulso político (preguntas, interpelacións, mocións...), entre as que destacan as preguntas presentadas polos senadores para a súa resposta escrita polo Goberno, ás que se asocia a resposta correspondente.

     

  • Sesións plenarias
  • Acceso ás ordes do día a través dun calendario que permite a busca das sesións xa celebradas e das sesións previstas.

     

    Cando unha sesión plenaria se está a celebrar, ofrécese a posibilidade de seguir a emisión en directo ou de acceder a información que se actualiza a medida que transcorre a mesma, que inclúe os documentos asociados, oradores, gravación e transcrición dos debates, resultado das votacións, tramitación dada aos asuntos e textos aprobados.

     

  • Sesións da Deputación Permanente
  • Información sobre a composición e actividade da Deputación Permanente, en termos similares aos das sesións plenarias.

     

  • Sesións de comisións e ponencias
  • Información actualizada sobre a composición e actividade das comisións e ponencias, coas convocatorias, ordes do día, consulta de iniciativas tramitadas e en tramitación, así como o acceso aos documentos, debates e textos definitivamente aprobados en cada sesión. En cada comisión facilítanse dossiers con ligazóns de interese relacionados coa súa actividade.

     

  • Publicacións oficiais
  • Acceso ás publicacións oficiais do Senado –electrónicas dende o 1 de xaneiro de 2011-, do Congreso dos Deputados e das Cortes Xerais (Boletíns Oficiais das Cortes Xerais e Diarios de Sesións), actualizadas diariamente.

 
 

Emisión en directo das sesións e arquivo audiovisual:

 
As sesións plenarias e de comisións retransmítense en directo a través da páxina web. Para facilitar a súa localización e acceso agrúpanse na zona de actualidade baixo a denominación “Senado en directo”, podendo consultarse as previsións a través da programación TV Senado.
 
Cando as sesións se celebraron é posible acceder ao audio e vídeo das intervencións, a través do arquivo audiovisual e de distintas zonas da páxina, como, por exemplo, os calendarios de actividades, as fichas de cada senador, ou as iniciativas.
 
 

Composición e organización do Senado:

 
  • Senadores
  • Permite consultar a composición actual e histórica do Senado, con posibilidade de obter relacións de Senadores combinando diversos criterios (alfabético, cronolóxico, pertenza a grupos parlamentarios, composición dos órganos, procedencia xeográfica da elección ou designación…).

     

    Así mesmo ofrécese información sobre cada un dos senadores, con datos relativos ao seu mandato, os cargos que ostenta no Senado, a súa actividade parlamentaria (iniciativas presentadas e intervencións en Pleno e en comisións), os datos biográficos e o acceso ás súas declaracións de actividades e de bens e rendas. Se foi membro do Senado noutras lexislaturas, ofrécese información sobre os cargos e a actividade desenvolvida.

     

    A información relativa aos senadores complétase con datos sobre o seu estatuto e o seu réxime económico e de protección social.

     

  • Grupos parlamentarios
  • Información sobre a composición e actividade dos grupos parlamentarios e dos senadores que forman parte dos mesmos.

     

  • Órganos do Senado
  • Información sobre a composición, as funcións e o funcionamento dos órganos da Cámara: Presidente, Mesa, Xunta de Portavoces, Pleno, Deputación Permanente, Comisións e Ponencias.

     

    No sitio do presidente destaca unha zona de actualidade, que permite consultar a súa axenda, e a relación histórica de presidentes do Senado.

     

  • Administración parlamentaria
  • Amosa o organigrama da Secretaría Xeral do Senado coa identificación dos titulares dos órganos directivos e datos sobre o persoal do Senado, as súas clases e funcións.

     

    Así mesmo inclúe o acceso ás normas de organización e persoal do Senado e das Cortes Xerais e ás normas económicas e de contratación.

 

 

Información xeral sobre o Senado:

 
Información sobre a historia do Senado, o seu papel no sistema bicameral español, a forma de elección e designación dos senadores e o seu estatuto, as funcións e organización do Senado e os procedementos parlamentarios, en formato de fichas temáticas (“Temas clave”).
 
Dende calquera pantalla da páxina é posible consultar o Dicionario parlamentario, unha selección de preguntas frecuentes e ligazóns de interese.
 
A información complétase con imaxes e datos sobre a arte e patrimonio do Senado e cunha visita virtual ás súas dependencias.
 
 

Buscadores:

 
A páxina web permite atopar información dunha forma fácil e estruturada a través dun buscador xeral, accesible dende todas as pantallas, e de varios buscadores sectoriais entre os que destacan os de noticias, iniciativas, publicacións oficiais, senadores, documentos do arquivo, recursos bibliográficos e contratación.
 
 

Consulta de catálogos e bases de datos da biblioteca e recursos documentais:

 
O acceso á sala de lectura da Biblioteca require posuír a tarxeta de investigador do Senado.
 
 

Servizos de difusión selectiva de información:

 
Os cidadáns poden subscribirse a través de RSS a todos os contidos que o Senado actualiza con frecuencia e que sexan do seu interese.
 
 

O Senado e os mozos:

 
A páxina web ofrece material educativo especialmente dirixido aos mozos para dar a coñecer a actividade da Cámara a través de xogos e test de coñecementos diferenciados para dous grupos de idade (menores de 8 anos e maiores de 8 anos). Inclúe un curto de animación e a posibilidade de que formulen suxestións e manifesten a súa opinión.
 
 

ACCESO AO ARQUIVO

 
Os fondos do Arquivo do Senado están integrados polos documentos xerados e recibidos na institución dende a súa orixe, e son accesibles ao público a través de consultas electrónicas e presenciais. Gran parte dos documentos relacionados coa actividade parlamentaria e cos senadores pódense consultar a través da páxina web, que comprende o período histórico de 1834 a 1923 e o actual, que comeza en 1977. Cabe destacar no período de 1834-1923 a colección completa de publicacións oficiais da Cámara e a serie de expedientes persoais de próceres e senadores, que posúe un relevante valor histórico.
 
Toda a documentación é de libre acceso salvo o establecido na lexislación vixente e, no seu caso, por acordos da Mesa do Senado.
 
Servizos:
  • Atención telefónica e resposta a consultas remitidas por correo electrónico e correspondencia postal por parte de investigadores, cidadáns e institucións públicas e privadas.
  • Busca de documentos, calquera que sexa o seu soporte, incluído o fotográfico e audiovisual.
  • Asesoramento aos usuarios na busca e localización de documentos de forma inmediata e personalizada.
  • Expedición de certificados e copias autenticadas dos documentos que custodia.
  • Reprodución dos documentos que soliciten, preferentemente en formato dixital.
 
Nos documentos reproducidos que se desexen publicar deberá constar o nome do arquivo, o código de referencia e a sinatura. Ex. ES.28079. AS. HIS-0348-01.
 
Canles de atención:
 
Presencial: Departamento de Arquivo.
 
Telefónica: 91 538 15 05
 
Electrónica: archivo@senado.es
 
Postal: Departamento de Arquivo. Senado
Calle Bailén nº 3
28071 Madrid
 
Horario de atención: De luns a xoves, de 9h. a 14:30h. e de 16h. a 18:30h. e venres de 9h. a 14:30h.
 
Por motivos de seguridade, o acceso non está permitido durante a celebración de sesións plenarias.
 
 

PARTICIPACIÓN

 
Co obxecto de facilitar a participación dos cidadáns, ponse á súa disposición a través da páxina web as canles de comunicación (correo, blogs, redes sociais, páxinas persoais…) dos senadores, grupos parlamentarios e comisións baixo un mesmo acceso.
 
Así mesmo, o Senado mantén un perfil institucional na rede social Twitter, @SenadoEsp, co obxectivo de facilitar a comunicación e participación dos cidadáns, informar sobre a composición e actividades da Cámara, e responder ás dúbidas e solicitudes de información que os usuarios expoñan a través desta canle.
 
 

VISITAS AO SENADO E ASISTENCIA A SESIÓNS PLENARIAS

 
O Senado de España pódese visitar, previa solicitude, sempre que a actividade parlamentaria o permita, de luns a venres. As visitas son guiadas e gratuítas, cunha duración aproximada dunha hora. Durante o percorrido guiado mostraranse as diferentes salas, os cadros máis relevantes e ofrecerase unha breve explicación sobre a súa historia, a composición e o funcionamento do Senado.
 
É posible asistir ás sesións plenarias, previa solicitude. A asistencia terá unha duración máxima dunha hora e os visitantes situaranse na tribuna pública do hemiciclo.
 
O acceso ao Senado realízase pola rúa Bailén, 3. Os visitantes deberán presentar o seu DNI ou pasaporte.
 
Canles de atención:
 
Telefónica: 91 538 13 75/ 91 538 19 38
 
Electrónica: visitas@senado.es
 
Horario de visitas guiadas: de luns a venres, ás 10, 11, 12, 13, 16 e 17 horas. Non se realizarán visitas guiadas durante o mes de agosto, Semana Santa, festivos nin nos días nos que está previsto celebrar sesión plenaria.
 
Horario de asistencia a sesións plenarias: as sesións plenarias do Senado comezan polo xeral os martes ás 16 horas e os mércores e xoves ás 9:30 horas. Celébranse habitualmente cada dúas semanas, de acordo co calendario de sesións plenarias, que aproba a Mesa do Senado cada semestre e pode consultarse na páxina web.
 
 

OPOSICIÓNS, PROCESOS SELECTIVOS, BOLSAS E SEMINARIOS

 
  • Información sobre oposicións e procesos selectivos:
 
A páxina web ofrece información sobre os requisitos para acceder á condición de funcionario das Cortes Xerais ou de persoal laboral do Senado e os exercicios e temarios das últimas convocatorias de cada corpo de funcionarios e de grupos profesionais de persoal laboral. Para os procesos en curso publícanse as convocatorias con información de todas as fases do procedemento.
 
Canles de atención:
Telefónica: 915 381 437
Electrónica: gobierno.interior@senado.es
 
  • Información sobre os requisitos e convocatorias dos procesos de selección, bolseiros e participantes nos seminarios organizados polo Senado:
 
Bolsas de formación arquivística, documental e bibliotecaria:
 
Canles de atención:
Telefónica: 915 831 477
Electrónica: documentacion@senado.es
 
Bolsas de formación práctica sobre comunicación institucional:
 
Canles de atención:
Telefónica: 915 381 092
Electrónica: prensa@senado.es
 
Seminario Giménez Abad:
 
Canles de atención:
Telefónica: 915 381 421
Electrónica: estudios@senado.es
 
 

CONTRATACIÓN

 
Ademais das normas económicas, orzamentarias e de contratación do Senado, publícase no perfil do contratante toda a información relevante e sobre os contratos xa adxudicados e sobre os procedementos de licitación en curso.
 
Canles de atención:
Telefónica: 915 381 461
Electrónica: presupuestos.contratacion@senado.es
 

SUXESTIÓNS E QUEIXAS

 
Os cidadáns poden contribuír á mellora dos servizos que se ofrecen a través da formulación das suxestións e queixas que estimen convenientes, que o Senado se compromete a analizar, contestar e, na medida do posible, incorporar.
 
As queixas formuladas non terán, en ningún caso, a cualificación de recurso administrativo nin a súa presentación interromperá os prazos establecidos na normativa vixente. Estas queixas non condicionan, en modo algún, o exercicio das restantes accións ou dereitos que, de conformidade coa normativa reguladora de cada procedemento, poidan exercer aqueles que se consideren interesados no procedemento.
 
O incumprimento dos compromisos declarados nesta Carta en ningún caso dará lugar a responsabilidade patrimonial do Senado.
 
Canles de atención:
 
Presencial: Rexistro da Secretaría Xeral do Senado.
 
Telefónica: 900 103 038; 915 381 852/853/854; 915 381 518
 
Electrónica: formulario
 
Postal: Calle Bailén nº 3.
 28071Madrid 
 

DEREITOS E OBRIGAS DO CIDADÁNS

 

DEREITOS

  • Ser atendidos de forma amable e respectuosa por calquera das canles postas á súa disposición.
  • Tratar os temas que lle incumban con total confidencialidade.
  • Ser atendidos nun Senado accesible, sen barreiras.
  • Recibir unha resposta razoada, baseada na normativa vixente, ante calquera solicitude de información realizada.
  • Contribuír á mellora dos servizos a través da formulación das suxestións e queixas que estimen convenientes, utilizando as canles adecuadas.
  • Acceder aos documentos do Arquivo.
  • Participar nos procedementos de selección do persoal e na convocatoria de bolsas e seminarios organizados polo Senado.
  • Participar nos procedementos de licitación convocados polo Senado nos termos establecidos na normativa vixente.
  • Exercer os dereitos de rectificación, oposición e cancelación recoñecidos na lexislación sobre protección de datos de carácter persoal.
  • Obter un servizo de calidade en consonancia cos compromisos que se adquiren a través desta Carta de Servizos.
 

OBRIGAS

  • Utilizar os procedementos establecidos para cada caso.
  • Achegar a información ou documentación que lle sexa requirida para levar a cabo un óptimo servizo.
 

NORMAS DE APLICACIÓN

  • Constitución española
  • Regulamento do Senado
  • Normas de acceso ao Arquivo e a servizos documentais:
  • Norma sobre valoración e eliminación de documentos do Senado.

    Normas de acceso externo ás unidades documentais do Senado.

  • Normas de persoal de Cortes Xerais e do Senado:
  • Estatuto do Persoal das Cortes Xerais

    Convenio colectivo do persoal laboral do Senado

    Normas de organización do Senado

    Cadro de persoal orgánico da Secretaría Xeral do Senado

    Normas sobre composición e funcionamento dos tribunais cualificadores das probas selectivas para o acceso aos Corpos de funcionarios das Cortes Xerais

  • Normas económicas e de contratación:
  • Texto Refundido das normas sobre procedemento orzamentario, control, contabilidade e contratación do Senado.

    Resolución pola que se crea o Tribunal de Recursos Contractuais das Cortes Xerais.

  • Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
  • Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
  • Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
  • Lei Orgánica 4/2001, do 12 de novembro, reguladora do Dereito de Petición.
  • Lei 11/2007 do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos.
  • Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información no sector público.
  • Real Decreto Lexislativo 3/2011 do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.
 

COMPROMISOS E INDICADORES DE CALIDADE

 
ORES COMPROMISO DE CALIDADE
INDICADORES BÁSICOS
  
 
OFICINA DE INFORMACIÓN
Atender as solicitudes de información formuladas telefonicamente e responder con carácter inmediato se se trata de información dispoñible a través da páxina web.
Número de chamadas telefónicas atendidas.
 
% de consultas telefónicas respondidas con carácter inmediato
Atender as solicitudes de información formuladas a través do twitter institucional do Senado o mesmo día da solicitude
Número de consultas respondidas a través de twitter.
 
% de solicitudes de información a través de twitter que se responden o mesmo día.
Atender as solicitudes de información formuladas por correo (electrónico ou postal) no prazo de cinco días hábiles dende a súa recepción.
Número de consultas respondidas a través de correo electrónico e postal.
 
 % de respostas remitidas por correo electrónico ou postal dentro dos cinco días seguintes á súa recepción.
Se a información solicitada a través de calquera das canles habilitadas esixise buscas complexas ou o tratamento de datos, a resposta será remitida no prazo máximo dun mes dende a súa recepción.
Número de solicitudes de información complexas.
 
% de respostas a solicitudes de información complexas que se remiten dentro do prazo dun mes a contar dende a data da súa recepción.
  
 
INFORMACIÓN A TRAVÉS DA PÁXINA WEB
Actualizar diariamente a composición dos órganos do Senado, dos grupos parlamentarios e as fichas dos senadores
% de modificacións na composición da Cámara que se publican o mesmo día en que se producen.
Publicar as convocatorias dos órganos da Cámara e no mesmo día no que se comunican aos senadores convocados, incluíndo a orde do día.
% de convocatorias que se publican o mesmo día en que se produce a comunicación aos senadores.
 
Publicar as iniciativas presentadas polos senadores e os grupos parlamentarios, unha vez cualificadas pola Mesa do Senado, no prazo dun día hábil dende a súa cualificación.
% de iniciativas publicadas dentro das 24 horas seguintes á súa cualificación pola Mesa do Senado.
 
Emitir en directo as sesións do Pleno, das Comisións e da Deputación Permanente
% de sesións retransmitidas en directo.
 
Poñer a disposición os borradores das transcricións dos debates dos plenos, comezando as 120 minutos dende o inicio da sesión.
% de borradores de transcrición dos debates de plenos dispoñibles na web no tempo marcado.
 
Poñer a disposición os acordos adoptados polo Pleno en tempo non superior a 10 minutos.
% de acordos adoptados polo pleno dispoñibles na web no tempo establecido.
Publicar os Diarios de Sesións do Pleno no prazo de dous días hábiles dende a finalización da sesión.
% de Diarios de Sesións de Pleno dispoñibles na web no tempo marcado.
Publicar os Diarios de Sesións das Comisións no prazo de catro días hábiles dende a finalización da sesión.
% de Diarios de Sesións de Comisións dispoñibles na web no tempo marcado.
Poñer a disposición o Boletín Oficial das Cortes Xerais (sección Senado) e o Diario de Sesións na web o mesmo día da súa edición.
% de Boletíns Oficiais e de Diarios de Sesións dispoñibles na web o mesmo día da súa edición.
  
 
ACCESO AO ARQUIVO
Atender as solicitudes de información formuladas telefonicamente e responder con carácter inmediato se se trata de información dispoñible a través da páxina web.
 
Número de chamadas telefónicas atendidas.
 
% de consultas telefónicas respondidas con carácter inmediato
Atender as consultas relativas a busca de documentos e proporcionar a súa reprodución, preferentemente en formato dixital, no prazo de 5 días hábiles dende a recepción da solicitude.
Número de consultas formuladas.
 
% de consultas respondidas no prazo establecido.
Se a consulta esixise unha busca complexa ou o tratamento de datos, a resposta será remitida no prazo máximo dun mes dende a súa recepción.
Número de consultas complexas.
 
% de consultas complexas cuxa resposta se remite dentro do prazo dun mes a contar dende a data da súa recepción.
  
 
PARTICIPACIÓN
Manter un contacto permanente cos cidadáns a través do perfil institucional do Senado na rede social twitter.
Número de tuits publicados.
Número de contribuidores.
Número de seguidores.
Número de persoas ás que chega (impacto).
  
 
VISITAS AO SENADO E ASISTENCIA A SESIÓNS PLENARIAS
Atender as peticións de visita guiada ao Senado.
% de solicitudes atendidas.
 
Número de visitantes recibidos.
Atender as peticións de asistencia a sesións plenarias.
% de solicitudes atendidas.
 
Número de cidadáns asistentes a sesións plenarias.
  
 
OPOSICIÓNS, PROCESOS SELECTIVOS, BOLSAS E SEMINARIOS
Publicar na web todos os pasos producidos en cada proceso no tempo máximo dun día hábil dende a súa publicación no Boletín Oficial das Cortes Xerais ou dende que se adopten os correspondentes acordos.
% de pasos publicados dentro do prazo sinalado.
 
  
 
CONTRATACIÓN
Publicar na web todos os pasos levados a cabo en cada proceso de contratación administrativa no tempo máximo dun día hábil dende a adopción de cada acordo.
% de pasos publicados dentro do prazo sinalado.
  
 
PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Responder ás solicitudes de rectificación, oposición, ou cancelación de datos de carácter persoal nun prazo de cinco días hábiles dende a recepción do escrito.
Número de solicitudes recibidas
 
% de solicitudes atendidas dentro do prazo sinalado
 
 
SUXESTIÓNS E QUEIXAS
Analizar e contestar as queixas e suxestións formuladas polos cidadáns no prazo máximo de cinco días hábiles (un mes se a cuestión exposta é complexa).
Número de suxestións e de queixas presentadas.
 
% de respostas no prazo establecido.
 
Medidas adoptadas para mellorar a xestión dos servizos

 

No seu compromiso de transparencia e rendición de contas, o Senado avaliará anualmente a calidade dos seus servizos. Os resultados publicaranse anualmente na web www.senado.es.