Ir al Contenido (Presione enter)

21 NOVEMBRO 2017

XII LEXISLATURA

Preguntas frecuentes (FAQ)

Como se elixe un Senador?

O procedemento de elección e designación de Senadores está descrito no apartado da Web Composición e Organización> Senadores dentro da sección Sistema electoral e resultados electorais. De acordo coa nosa Constitución, unha parte dos Senadores son elixidos polos cidadáns e outra desígnase polos Parlamentos das Comunidades Autónomas en función da poboación.

Diferenzas co Dereito de Petición

 

O dereito de petición é un dereito fundamental cuxa titularidade corresponde a toda persoa física ou xurídica, con independencia da súa nacionalidade, e que está recollido no artigo 29 da Constitución e desenvolvido na Lei Orgánica 4/2001. É un dereito que se pode exercer de forma individual ou colectiva e consiste na facultade de dirixirse aos poderes públicos para, ou ben poñer en coñecemento destes certos feitos, ou reclamarlles unha intervención, ou ambas cousas á vez. No entanto, non serán obxecto deste dereito aquelas peticións para cuxa satisfacción o ordenamento xurídico estableza un procedemento específico, nin as que xa sexan obxecto dun procedemento parlamentario, administrativo ou un proceso xudicial.

 

No caso de que a petición se dirixa ao Senado, os artigos 77 da Constitución e 192 a 195 do Regulamento do Senado, son os que regulan o exercicio deste dereito fundamental.

 

Os escritos de presentación de peticións deberán incluír a identidade do solicitante ou solicitantes, nacionalidade, domicilio para a práctica de notificacións, destinatario da petición, así como o seu obxecto.

 

Ofrécese un posibleformulario para presentar as peticións, aínda que a súa utilización non é obrigatoria, admitíndose a presentación por medio de calquera escrito sempre que conteña os datos antes sinalados.

No caso de que se use o formulario, unha vez sexa completado, deberá ser imprimido, asinado e entregado de forma presencial ante o Rexistro Xeral do Senado ou remitido por correo ordinario.

 

Unha vez presentadas as peticións, serán examinadas pola Comisión de Peticións.
 

 

Que tipo de traballo se desenvolve no Senado durante os meses de xaneiro, xullo e agosto?

A nosa Constitución de 1978 establece que hai dous períodos ordinarios de sesións, o primeiro de setembro a decembro e o segundo de febreiro a xuño (art.73) aínda que, durante os meses de xaneiro, xullo e agosto, a Cámara continúa coa súa actividade.

Con todo é frecuente que a actividade parlamentaria se prolongue durante eses meses, sendo xa habitual a habilitación de días para a celebración de Plenos extraordinarios, Comisións ou traballo de Relatorios.
 

Como se forma un Grupo Parlamentario ?

 

Os Grupos Parlamentarios son agrupacións de parlamentarios en función da súa adscrición política que se constitúen nas Cámaras ao comezo de cada lexislatura.

 

No caso do Senado, cada Grupo parlamentario estará composto, polo menos, de dez Senadores. Ningún Senador poderá formar parte de máis dun Grupo parlamentario. Os Senadores que concorran ás eleccións formando parte dun mesmo partido, federación, coalición ou agrupación non poderán formar máis dun Grupo parlamentario. Os Senadores que non se incorporen a un Grupo parlamentario de denominación específica pasarán a integrar o Grupo Mixto.

 

Para máis detalles pode consultar os artigos27 a 34 do Capítulo Segundo, dentro do Titulo Segundo do Regulamento do Senado.

Si quere coñecer máis sobre os Grupos Parlamentarios do Senado, pode navegar pola ficha de cada un deles facendo clic aquí.

Como podo saber cantas Senadoras hai?

A cifra global de mulleres que ocupan un escano publícase no apartado Temas Clave>Presenza de mulleres no Senado.

 

A composición do Senado pode consultarse en Senadores en activo.
 

 

Como podo facerlle chegar un documento a un Senador ou a un Grupo Parlamentario?

Na páxina web habilitouse un formulario na ficha de cada Senador/a dentro do espazo Participa, e identificado cun sobre.


Para enviar documentos a Senadores suxerímoslles que se poñan en contacto co propio Senador, para que lle facilite o seu correo electrónico, ou co Grupo parlamentario.


De momento, por motivos de seguridade do sistema informático, o envío de documentos non está habilitado a través deste sistema.


 

Canto gaña un Senador?

O réxime económico dos Senadores componse dunha asignación constitucional, idéntica para todos eles, os complementos mensuais por razón do cargo que lles correspondan, así como axudas de custo e indemnizacións por gastos necesarios para o desenvolvemento das súas funcións. Todo iso atópase publicado no apartado Composición e Organización>Senadores>Réxime económico e no apartado Transparencia>Información económica e contractual> Réxime económico

 

Podo coñecer as declaracións de actividades, bens e rendas dos Senadores?


Si. As Declaracións de actividades dos Senadores da lexislatura en curso poden consultarse no apartado "Composición e organización>Senadores>Rexistro de intereses. Actividades, bens e rendas".

Respecto das declaracións de actividades de lexislaturas anteriores, unha vez finalizado o mandato do Parlamentario, as actividades declaradas mentres desempeñaba a condición plena de Deputado ou Senador só poderán facerse públicas a través dun procedemento de exhibición persoal. A exhibición ao interesado farase efectiva con suxeición ás regras recolleitas no apartado 4 do Acordo das Mesas do Congreso dos Deputados e do Senado, do 21 de decembro de 2009, polo que se aproban normas en materia de rexistro de intereses.