COÑECER E VISITAR O SENADO

Última actualización. 15/02/2019

Onde resolver dúbidas sobre a historia, composición, funcións e procedementos parlamentarios do Senado?

Para facilitar o coñecemento da institución elaboráronse unhas fichas temáticas sobre a historia constitucional do Senado, a súa composición, a forma de elección e designación dos senadores, as funcións e os procedementos parlamentarios. Un breve dicionario parlamentario e unha selección de preguntas frecuentes están dispoñibles na zona superior da páxina dende calquera pantalla pola que se estea a navegar.

É posible solicitar unha visita guiada ao Senado? E asistir a unha sesión plenaria?

Si. A páxina web facilita a visita á Cámara poñendo a disposición dos cidadáns un formulario electrónico e información sobre como chegar ao Senado e en que vai consistir a visita. O mesmo sucede se o que se desexa é asistir a unha sesión plenaria.

Os visitantes con discapacidade auditiva poderán dispoñer do correspondente dispositivo para unha correcta audición durante a mesma.

Quen non poida desprazarse á sede do Senado, poderá descubrir os seus edificios a través dunha visita virtual que amosa as súas salas, obras pictóricas, esculturas e obxectos decorativos.

En canto ás sesións plenarias, estas emítense en directo a través de Internet e as súas gravacións poden consultarse en calquera momento unha vez celebradas.

Que ofrece a Tenda do Senado?

A Tenda do Senado é un lugar aberto ao público no que poden atoparse diversos obxectos que reflicten motivos históricos, artísticos e simbólicos do Senado.

Dentro do apartado “O Senado abre as súas portas” (no bloque “Coñecer o Senado”) está a información necesaria para poder contactar coa tenda e consultar o catálogo de produtos dispoñibles.

Edita o Senado libros e folletos? Como se poden conseguir?

Si, o Senado edita libros e folletos divulgativos.

O catálogo de publicacións non oficiais do Senado pódese consultar na páxina web no apartado “Biblioteca e recursos documentais”, onde se facilitan os datos de contacto necesarios para que os usuarios interesados poidan adquirir as publicacións dispoñibles.