Ir al Contenido (Presione enter)

22 NOVEMBRO 2017

XII LEXISLATURA

Protección de datos de carácter persoal

O Senado mantén unha política de pleno respecto e cumprimento da normativa en materia de protección de datos de carácter persoal.


En cumprimento deste compromiso, o Senado garante aos cidadáns que tratará confidencialmente os seus datos persoais. A tal efecto, proporcionarase aos cidadáns a seguinte información:

 

  • A finalidade do ficheiro e os usos previstos para o mesmo.
  • As persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.
  • O procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.
  • A estrutura básica do ficheiro e a descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos no mesmo.
  • As cesións de datos de carácter persoal e, no seu caso, as transferencias de datos que se prevexan a países terceiros.
  • Os órganos responsables do ficheiro.
  • Os servizos ou unidades ante os que puidesen exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.
  • As medidas de seguridade con indicación do nivel básico, medio ou alto esixible.


Os datos aportados utilizaranse para os fins previstos no procedemento ou actuación que se trate.


A información que se solicita e se obtén nos formularios é a estritamente necesaria para a correcta prestación de servizos. No caso de que unha determinada información sexa facultativa, o cidadán será oportunamente informado.


A non facilitación ou facilitación parcial dos datos persoais de carácter obrigatorio solicitados nalgún formulario podería ter como consecuencia que o Senado no puidese ofrecer o servizo solicitado.


Os ficheiros de titularidade do Senado están debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos da Axencia Española de Protección de Datos.


O Senado garante que o servidor onde se almacenan e tratan os datos de carácter persoal conta coas medidas de seguridade necesarias para evitar a alteración, perda, e/ou acceso non autorizado a estes datos por parte de terceiros, tendo en conta o estado da tecnoloxía e a natureza dos datos de carácter persoal tratados e os riscos aos que están expostos.


Así mesmo, o Senado garante que adoptou as medidas de carácter técnico e organizativo de seguridade nas súas instalacións, sistemas e ficheiros.

 

O Senado só poderá revelar ás autoridades públicas competentes os datos de carácter persoal dos cidadáns e calquera outra información que estea no seu poder cando lle sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables a cada caso.


De acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e na súa normativa de desenvolvemento, así como na Norma que regula os ficheiros de carácter persoal da Secretaría Xeral do Senado, aprobada pola Mesa do Senado na súa reunión do día 20 de xullo de 2010, é posible exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito dirixido ao Secretario Xeral do Senado, calle Bailén nº 3, 28071 Madrid.


Para máis información sobre os dereitos relacionados coa protección de datos de carácter persoal pode consultar a páxina da Axencia Española de Protección de Datos.