INFORMACIÓN XERAL DATOS ABERTOS

INTRODUCIÓN

O Título I da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (en cuxo ámbito subxectivo de aplicación se atopa o Senado, en relación coas súas actividades suxeitas a Dereito administrativo), recolle entre os principios xerais da publicidade activa, o da reutilización da información pública.

O Portal de Datos Abertos do Senado pon á disposición dos cidadáns e empresas diversos catálogos de datos en formatos reutilizables que se actualizan periodicamente.

QUE SON OS DATOS ABERTOS?

A iniciativa de datos abertos (open data) ten como obxectivo que os datos que están en poder das Administracións Públicas estean dispoñibles e poidan ser reutilizados por todos os cidadáns ou empresas sen restricións técnicas nin legais. Con esa finalidade, e seguindo as recomendacións do World Wide Web Consortium (W3C), é preciso que os datos publicados estean en formatos abertos e lexibles por máquinas, como é o caso de XML (Extensible Markup Language).

CALES SON OS DATOS ABERTOS DO SENADO?

Os catálogos de datos abertos do Senado agrúpanse en catro categorías:

  • Actividade parlamentaria: Información relativa á actividade parlamentaria do Pleno e a Deputación Permanente, as Comisións e Relatorios, iniciativas lexislativas, publicacións oficiais, etc.
  • Composición e organización: Información relativa aos Senadores, Grupos Parlamentarios, partidos políticos e a Administración parlamentaria.
  • Relacións cos cidadáns: Información relativa aos Senadores e á participación dos cidadáns.
  • Información Económica: Datos relativos aos Orzamentos do Senado e ao seu estado de execución.

COMO REUTILIZAR OS DATOS?

Os catálogos de datos abertos publicados polo Senado poden ser reutilizados e redistribuídos libremente por calquera persoa, sen restricións de copyright, patentes ou calquera outro mecanismo de control, sempre que se respecten as seguintes condicións:

  • Non desnaturalizar o sentido da información;
  • Citar a fonte;
  • Mencionar a última data de actualización dos datos, no caso de que estea dispoñible;
  • Non se poderá suxerir ou indicar que o titular da información patrocina ou apoia a reutilización que se realice.

LIGAZÓNS RELACIONADAS