Ir al Contenido (Presione enter)

17 DECEMBRO 2017

XII LEXISLATURA

Última actualización 25/11/2014

 

O dereito de petición é un dereito fundamental cuxa titularidade corresponde a toda persoa física ou xurídica, con independencia da súa nacionalidade, e que está recollido no artigo 29 da Constitución e desenvolvido na Lei Orgánica 4/2001. É un dereito que se pode exercer de forma individual ou colectiva e consiste na facultade de dirixirse aos poderes públicos para, ou ben poñer en coñecemento destes certos feitos, ou reclamarlles unha intervención, ou ambas cousas á vez. Non obstante, non serán obxecto deste dereito aquelas peticións para cuxa satisfacción o ordenamento xurídico estableza un procedemento específico, nin as que xa sexan obxecto dun procedemento parlamentario, administrativo ou un proceso xudicial.

 

En caso de que a petición se dirixa ao Senado, os artigos 77 da Constitución e 192 a 195 do Regulamento do Senado, son os que regulan o exercicio deste dereito fundamental. Os escritos deberán ser presentados ante o Rexistro Xeral do Senado de forma presencial ou ben ser remitidos por escrito. Deberán incluír a identidade do solicitante ou solicitantes, nacionalidade, domicilio para a práctica de notificacións, destinatario da petición, así como o seu obxecto.

 

Unha vez presentadas as peticións, serán examinadas pola Comisión de Peticións. No informe que debe emitir en cada período ordinario de sesións, que é obxecto de consideración polo pleno do Senado, figurará a decisión adoptada respecto a cada petición, con indicación, no seu caso, da autoridade á que se remitiu para a súa contestación. As contestacións que se reciban ás peticións trasladaranse aos seus autores.

 

Para facilitar o exercicio deste dereito inclúese un modelo de escrito para a súa presentación ante o Rexistro Xeral do Senado.

 

- Modelo de escrito