Ir al Contenido (Presione enter)

18 OUTUBRO 2017

XII LEXISLATURA

Subvencións e axudas públicas concedidas ou dotadas polo Senado. Exercicio 2013

Bolsas concedidas polo Senado


Para posgraduados de formación arquivística, documental e bibliotecaria relacionada coa actividade oficial do Senado


Importe
: quince bolsas  anuais consistentes en doce pagos por meses vencidos de 800 euros brutos (9.600 euros anuais).


Finalidade: formación arquivística, documental e bibliotecaria dirixida a mozos titulados que desexen especializarse nestes campos.


Beneficiarios: posuidores dun título superior universitario de Diplomatura ou Licenciatura en Biblioteconomía e Documentación ou de Grado en Información e Documentación, así como posuidores de calquera Licenciatura ou título de Grado universitario que acrediten ter cursado estudos en materias arquivísticas, bibliotecarias ou documentais durante polo menos 200 horas lectivas.


Beneficiarios da última convocatoria realizada

Para posgraos de formación práctica sobre comunicación institucional relacionada co Senado

Importe: tres bolsas anuais consistentes en doce pagos por meses vencidos de 900 euros brutos (10.800 euros anuais).


Finalidade: formación sobre comunicación institucional, interna e externa, dirixidas a mozas licenciados que desexen especializarse neste campo.


Beneficiarios: posuidores dun título superior universitario de Licenciatura en Xornalismo, así como posuidores dun título de Grado Oficial equivalente.


Beneficiarios da última convocatoria celebrada

Bolsas dotadas polo Senado


Para a formación de especialistas e o fomento de investigación en determinadas áreas do Museo Nacional do Prado

 

Entidade concesionaria: Museo Nacional do Prado.


Importe: unha bolsa anual (podendo ser prorrogada nunha soa ocasión por unha nova anualidade) consistente en doce pagos por meses vencidos de 1.500 euros brutos (18.000 euros anuais).


Finalidade: formación de especialistas e o fomento de investigación nas áreas do Museo do Prado que se determinen en cada convocatoria.


Beneficiarios: posuidores dunha titulación ou grado en Historia da Arte ou título validado en vigor, en relación coa bolsa a desempeñar.


Beneficiario da última convocatoria realizada

Seminarios

 

Seminario Giménez Abad sobre o Parlamento

Importe: reembolso do billete de avión, tren ou autobús, ida e volta, desde o lugar de residencia a Madrid, aplicándose a tarifa máis económica.

Aloxamento gratuíto (A/D) nun establecemento hoteleiro próximo e concertado polo Senado, excepto para os participantes que teñan a súa residencia en Madrid.


Bolsa de viaxe e mantemento por participante: 170€


Finalidade: facilitar unha formación intensiva sobre a organización e funcionamento do Parlamento e, en particular, do Senado español a doce estudantes universitarios que cumpran as condicións que se sinalan na convocatoria.


Beneficiarios
: Poden solicitar a participación neste Seminario quen estean realizando un mestrado ou sexan alumnos do último curso da licenciatura ou o grado en Dereito ou Ciencias Xurídicas, Ciencias Políticas ou Socioloxía (conxuntamente ou non con outras especialidades universitarias) de universidades ou centros universitarios públicos ou privados de España ou de calquera outro país membro da Unión Europea.
Os solicitantes que non sexan de nacionalidade española deben acreditar un nivel suficiente de coñecemento da lingua española.


Beneficiarios da última convocatoria realizada

Premios

 

Premio Luís Carandell de xornalismo parlamentario

Importe: 6.000 euros.

Finalidade: recuperar a tradición deste xénero xornalístico e ao mesmo tempo honrar a memoria dun dos mellores cronistas parlamentarios do século XX.


Beneficiarios: profesionais da información ou os medios de comunicación que destaquen na información, divulgación ou defensa das institucións parlamentarias.


Beneficiario da última convocatoria realizada

Subvencións


Fundación contra o Terrorismo e a Violencia Alberto Jiménez-Becerril

Importe: 6.000 euros.

 

Finalidade: financiamento do Programa de actos de homenaxe e asistencia ás Vítimas do Terrorismo e do VII Certame de Creadores pola Liberdade e a Paz.


Subvencións a Grupos Parlamentarios