NAVEGACIÓN NO PORTAL DE TRANSPARENCIA

Última actualización: 28/02/2017

O Portal de Transparencia do Senado estrutúrase en oito bloques de información (sobre a transparencia; información institucional e organizativa; Senadores; Grupos Parlamentarios; actividade parlamentaria; información económica e contractual; información ao cidadán, e datos abertos).

Gran parte dos seus contidos, en especial os que se refiren á actividade parlamentaria e á composición e organización do Senado, redirixen a outras seccións da páxina dende onde é posible acceder, ademais, a outros contidos relacionados.

Para volver ao Portal de Transparencia dende calquera sección á que se chegase navegando a través da web do Senado, recoméndase, ou ben pulsar na frecha de retroceso do navegador, ou ben seleccionar «Relación cos Cidadáns» na primeira barra de navegación (que se mantén activa en todo momento) e «Transparencia» na segunda barra de navegación.