Historia e sistema político
Unha institución con case 200 anos dá para moito que contar
-
A primeira Constitución española da historia contemporánea foi a de 1812.
- Proclama a soberanía nacional e recoñécelles aos homes o dereito de voto. Ás mulleres non se lles recoñecería ata 1931.
- Estabelece a división de poderes cun Parlamento unicameral (Cortes) e un Rei con amplas facultades que perde, porén, a súa anterior condición de fonte de todo poder.
O Parlamento español tivo só unha cámara durante a súa vixencia e a da Constitución de 1931.
-
Entre 1834 e 1923 o Parlamento español tivo dúas cámaras (Parlamento bicameral)
- O Estatuto Real de 1834 contempla por primeira vez en España dúas Cámaras: o “Estamento de Próceres” (Cámara Alta) e o “Estamento de Procuradores” (Cámara Baixa).
- A partir da Constitución de 1837, a Cámara Alta pasa a denominarse Senado e mantén esta denominación nas Constitucións de 1845, 1869 e 1876.
- A composición do Senado durante o século XIX dependía do nacemento ou do nomeamento polo Rei entre a aristocracia e personalidades da administración, da igrexa, do exército e entre quen tivese as rendas máis altas.
- Ao longo do século XIX foron variando os criterios á hora de decidir onde residía a soberanía e que poderes correspondían a cada institución (Rei, Parlamento, Goberno...).
-
A vixente Constitución de 1978 proclama que a soberanía nacional reside no pobo español do que emanan os poderes do Estado.
España é un Estado social e democrático de dereito:
- É social porque os poderes públicos actúan tratando de conseguir unha sociedade máis xusta.
- É democrático porque os cidadáns participan elixindo os seus representantes, e
- é un Estado de dereito porque as leis obrigan a todos e o seu cumprimento está garantido polos Tribunais
Os valores superiores son a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político.
-
A vixente Constitución de 1978 divídese en dúas partes:
- dereitos e deberes fundamentais
- a organización do poder.
Vexamos cales son as institucións máis importantes do sistema político español.
O ReiÉ o xefe do Estado. Como na maioría das monarquías parlamentarias, a súa función representativa é moi importante, pero non goberna.
O Parlamento (tamén chamado Cortes Xerais), está integrado polo Congreso dos Deputados e o Senado.Representa ao pobo español, exerce a potestade lexislativa do Estado, aproba os seus orzamentos e controla a acción do Goberno. O Congreso dos Deputados elixe ao Presidente do Goberno.
O GobernoComponse do Presidente, Vicepresidentes e Ministros.
Antes de converterse en Presidente do Goberno, o candidato proposto polo Rei debe obter a confianza do Congreso dos Deputados. Unha vez conseguiu o apoio da maioría absoluta dos seus membros, o Rei nomearao Presidente. Só daquela nomeará aos seus Vicepresidentes e Ministros.
O Goberno dirixe a política interior e exterior, a administración e a defensa.
Debe actuar sempre con sometemento á Constitución e ás leis.
Os Xulgados e TribunaisAdministran a xustiza, xulgando e facendo executar o xulgado.
Os Xuíces e Maxistrados son independentes e están sometidos unicamente ao imperio da lei.
Para garantir que todos os poderes públicos respectan a Constitución, existe un Tribunal Constitucional