Que é e que fai
Descubre todo o que se decide no Senado
-
O SENADO forma parte das CORTES XERAIS (PARLAMENTO)
Composición:
CONGRESO:
De 300 a 400 deputados elixidos polos cidadáns por sufraxio universal.SENADO:
Senadores elixidos polos cidadáns (208):
4 Senadores por provincia
+ 3 Senadores por illa maior
+ 1 Senador por illa menor ou agrupación
+ 2 Senadores por Ceuta e 2 Senadores por MelillaSenadores designados polos Parlamentos autonómicos (58):
1 Senador por cada Comunidade Autónoma
+ 1 Senador máis por cada millón de habitantes do seu respectivo territorio. -
As funcións máis importantes do Senado son:
Aprobar as LEIS, xunto co Congreso dos Deputados..
Aprobar os Orzamentos Xerais do Estado.
CONTROLAR A ACCIÓN DO GOBERNO.
-
O Senado controla a acción do goberno a través de PREGUNTAS e INTERPELACIÓNS que os parlamentarios lle fan ao Presidente e aos Ministros.
Ademais, a través das MOCIÓNS, instan ao Goberno a orientar a súa política nunha determinada liña.
-
O Senado colabora co Congreso dos Deputados na elaboración e aprobación das leis que todos temos que cumprir.
Se queres saber como se tramita unha lei no Senado, acompaña a un Senador un día de traballo.