Visitar o Senado
Última actualización: 03/02/2025
Cando visitar o Senado?
O Senado de España pódese visitar, sempre que a actividade parlamentaria e institucional o permita, de luns a venres pola mañá ás 10, 11, 12 e 13 horas, e de luns a xoves, tamén polas tardes, ás 16 e 17 horas. As visitas son guiadas e gratuítas cunha duración aproximada dunha hora. Este horario poderá ser modificado cando a actividade parlamentaria do Senado así o requira.
Non se realizarán visitas guiadas durante o mes de agosto, Semana Santa, festivos e nos días nos que está previsto celebrar sesión plenaria; nese caso é posible asistir ás sesións plenarias.
Recomendámoslle que consulte o calendario de sesións plenarias.
Aqueles visitantes con discapacidade auditiva que o desexen teñen á súa disposición o correspondente sistema para unha óptima audición durante a visita guiada.

Que se visita?
Durante o percorrido guiado móstranse as diferentes salas e os cadros máis destacados e ofrécese unha breve explicación sobre a súa historia, a composición e o funcionamento do Senado na actualidade. A duración da visita é de, aproximadamente, unha hora.
Se desexa preparar a visita, pode acceder á visita virtual, así como á información sobre a arte e patrimonio do Senado, a súa historia, a súa composición e o seu funcionamento.

Como solicitar unha visita guiada?
As persoas interesadas, particulares ou grupos, que desexen realizar unha visita guiada ao Senado deben cubrir o formulario que atoparán en realizar reserva.
O número máximo de integrantes dun grupo será de 25 persoas. Se o grupo ten un número maior de integrantes cumprirá solicitar dúas visitas en horas distintas. Se o grupo fose reducido, poderá engadirse a outro que xa tivese concertada unha visita. Os solicitantes individuais tamén poderán ser incorporados a un grupo xa concertado.
As visitas deberán solicitarse cunha antelación de polo menos 15 días naturais. Unha vez realizada a reserva, o solicitante deberá cubrir a listaxe con todos os asistentes á visita nun período de tempo que terá como límite os 7 días anteriores a esta. En caso de non se cubrir a listaxe, a reserva será anulada automaticamente.
Cando se trate de grupos de escolares, os visitantes deberán encontrarse cursando estudos de, como mínimo, sexto curso de Educación Primaria.
Para accederen ao Senado, os visitantes deberán presentar o seu DNI ou pasaporte.
No caso de que a actividade parlamentaria ou institucional imposibilite realizar a visita previamente concertada, a área de Visitas do Senado contactará co solicitante o máis axiña posible co obxecto de buscar unha nova data.
Aquelas persoas con discapacidade auditiva que queiran facer uso dos dispositivos dispoñibles para unha correcta audición da visita guiada, rogamos que o indiquen ao realizaren a solicitude de reserva no apartado de Observacións.

Cando asistir a unha sesión plenaria do Senado?
As sesións plenarias celébranse habitualmente en semanas alternas, de acordo co calendario de sesións plenarias que aproba a Mesa do Senado cada semestre.
Poderase asistir ás sesión plenarias os martes a partir das 16:00 (sesión de control ao Goberno) e os mércores e xoves a partir das 10:00.
A asistencia terá unha duración máxima dunha hora.
Este horario pode sufrir modificacións por cambios na actividade parlamentaria do Senado.
Os días nos que non se celebre sesión plenaria é posible realizar visitas guiadas aos edificios do Senado.

Como solicitar a asistencia a unha sesión plenaria do Senado?
As persoas interesadas, particulares ou grupos, que desexen asistir a unha sesión plenaria do Senado deben cubrir o formulario que atoparán en Realizar reserva.
O número máximo de integrantes dun grupo será de 35 persoas. Se o grupo ten un número maior de integrantes cumprirá solicitar dúas horas diferentes.
Cando se trate de grupos de escolares, os visitantes deberán atoparse cursando estudos de, como mínimo, cuarto curso de Educación Secundaria.
As asistencias ao Pleno deberán solicitarse cunha antelación de polo menos 15 días naturais. Unha vez realizada a reserva, o solicitante deberá cubrir a listaxe con todos os asistentes ao Pleno nun período de tempo que terá como límite os 7 días anteriores a este. En caso de non se cubrir a listaxe, a reserva será anulada automaticamente.
Para accederen ao Senado, os visitantes deberán presentar o seu DNI ou pasaporte.
No caso de cambios na actividade parlamentaria do Senado, a área de Visitas contactará co solicitante o máis axiña posible co obxecto de buscar unha nova data de asistencia á sesión plenaria.

Consideracións verbo das sesións plenarias.
Se desexa preparar a súa asistencia á sesión plenaria, pode acceder á axenda do Senado e á distribución de escanos no hemiciclo, así como á información xeral sobre as funcións do Senado e os procedementos parlamentarios.
Os cidadáns que asistan ás sesións plenarias do Senado dende a tribuna pública deberán respectar as normas establecidas:
- Gardar silencio.
- Apagar os teléfonos móbiles.
- Ter conta de que non caian obxectos dende a tribuna ao Salón de Sesións.
- Non facer fotografías nin vídeos.
- Absterse de aplaudir ou de realizar calquera manifestación de aprobación.
- Absterse de proferir gritos, exclamacións ou calquera outra manifestación de desaprobación.