Carta de Servizos

Última revisión 09/01/2024

  1. Introdución
  2. Responsable da Carta de servizos
  3. Servizos aos ciudadáns
    1. Oficina de información
    2. Información a través da páxina web
      1. Información sobre actividade parlamentaria
      2. Emisión en directo das sesións e arquivo audiovisual
      3. Composición e organización do Senado
      4. Portal de transparencia
      5. Información xeral sobre o Senado
      6. Buscadores
      7. Consulta de catálogos e bases de datos da biblioteca e recursos documentais
      8. Servizos de difusión selectiva de información
      9. O Senado e os mozos
    3. Acceso ao arquivo
    4. Participación
    5. Visitas ao Senado e asistencia a sesións plenarias
    6. Oposicions, procesos selectivos, bolsas e seminarios
    7. Información económica, orzamentaria e contractual
  4. Suxestións e queixas
  5. Dereitos e obrigas do cidadáns 
    1. Dereitos
    2. Obrigas
  6. Normas de aplicación
  7. Compromisos e indicadores de calidade 

1. Introdución

O Senado exerce, xunto co Congreso dos Deputados, a potestade lexislativa do Estado, aproba os seus orzamentos e controla a acción do Goberno, ademais doutras competencias expresadas na Constitución española. Actúa con plena autonomía no exercicio das súas funcións.

O obxectivo da Carta de Servizos é mellorar os niveis de calidade na xestión dos servizos e, en especial, facilitar a difusión e o acceso á información. O Senado garante a actualización permanente e a calidade da información que ofrece a través da páxina web e da Oficina de Información, e garante o acceso aos documentos custodiados no Arquivo do Senado. Así mesmo, coa finalidade de acercar o Senado aos cidadáns, ábrense canais de comunicación e participación cos cidadáns e facilítase a asistencia á sede.

A través da Carta de Servizos o Senado informa aos cidadáns sobre os compromisos de calidade que adquire na prestación dos servizos e sobre os dereitos e obrigas dos cidadáns nas súas relacións co Senado.

Atendendo a estas consideracións a Mesa do Senado, na súa reunión do día 23 de outubro de 2012, aprobou a presente CARTA DE SERVIZOS. .

2. Responsable da Carta de servizos

A Secretaría Xeral do Senado é responsable da Carta de Servizos e encárgase de velar polo cumprimento dos compromisos adquiridos na mesma e de impulsar as pertinentes accións de mellora.

Canles de atención:

3. Servizos aos cidadáns

a. Oficina de información

A Oficina de Información actúa como un servizo central encargado de recibir e responder consultas e difundir información sobre a composición e as actividades do Senado, así coma sobre os contidos e servizos ofrecidos a través da súa páxina web.

Non ofrece opinións nin participa en debates cos cidadáns. Tampouco atende consultas sobre aplicación ou interpretación lexislativa.

Canles de atención:

b. Información a través da páxina web(www.senado.es)

O Senado ofrece a través da súa páxina web información exhaustiva e actualizada en aras de garantir a transparencia da súa actividade, coa que se pretende facilitar aos cidadáns o coñecemento e a fiscalización da súa actuación.

O Senado comprométese a realizar o esforzo necesario para que a información se presente dunha maneira estruturada, entendible, reutilizable e accesible para todos os cidadáns.

i. Información sobre actividade parlamentaria

  • Calendario e axendas
  • Publicación das convocatorias, axendas e, no seu caso, ordes do día dos órganos do Senado (Mesa, Xunta de Portavoces, Pleno, Deputación Permanente, Comisións e Ponencias de estudo), así como das previsións da actividade institucional e internacional da Cámara.

  • Leis en tramitación e aprobadas
  • Información sobre leis en tramitación, con indicación da fase na que se atopa o procedemento, e sobre leis aprobadas. Facilítase o acceso ao expediente completo, dende o que é posible consultar todos os documentos presentados ao longo da tramitación, os debates – a través das gravacións de vídeo e as transcricións do Diario de Sesións-, o resultado das votacións e os textos aprobados nas distintas fases, así como a ligazón ao BOE.

  • Control ao Goberno e impulso político
  • Acceso ás iniciativas de control ao Goberno e impulso político (preguntas, interpelacións, mocións...), entre as que destacan as preguntas presentadas polos senadores para a súa resposta escrita polo Goberno, ás que se asocia a resposta correspondente.

  • Sesións plenarias
  • Acceso ás ordes do día a través dun calendario que permite a busca das sesións xa celebradas e das sesións previstas.

    Cando unha sesión plenaria se está a celebrar, ofrécese a posibilidade de seguir a emisión en directo ou de acceder a información que se actualiza a medida que transcorre a mesma, que inclúe os documentos asociados, oradores, gravación e transcrición dos debates, resultado das votacións, tramitación dada aos asuntos e textos aprobados.

  • Sesións da Deputación Permanente
  • Información sobre a composición e actividade da Deputación Permanente, en termos similares aos das sesións plenarias.

  • Sesións de comisións e ponencias
  • Información actualizada sobre a composición e actividade das comisións e ponencias, coas convocatorias, ordes do día, consulta de iniciativas tramitadas e en tramitación, así como o acceso aos documentos, debates e textos definitivamente aprobados en cada sesión. En cada comisión facilítanse dossiers con ligazóns de interese relacionados coa súa actividade.

  • Publicacións oficiais
  • Acceso ás publicacións oficiais do Senado –electrónicas dende o 1 de xaneiro de 2011-, do Congreso dos Deputados e das Cortes Xerais (Boletíns Oficiais das Cortes Xerais e Diarios de Sesións), actualizadas diariamente.

ii. Emisión en directo das sesións e arquivo audiovisual

As sesións plenarias e de comisións retransmítense en directo a través da páxina web. Para facilitar a súa localización e acceso agrúpanse na zona de actualidade baixo a denominación “Senado en directo”, podendo consultarse as previsións a través da programación TV Senado.

Cando as sesións se celebraron é posible acceder ao audio e vídeo das intervencións, a través do arquivo audiovisual e de distintas zonas da páxina, como, por exemplo, os calendarios de actividades, as fichas de cada senador, ou as iniciativas.

iii. Composición e organización do Senado

  • Senadores
  • Permite consultar a composición actual e histórica do Senado, con posibilidade de obter relacións de Senadores combinando diversos criterios (alfabético, cronolóxico, pertenza a grupos parlamentarios, composición dos órganos, procedencia xeográfica da elección ou designación…).

    Así mesmo ofrécese información sobre cada un dos senadores, con datos relativos ao seu mandato, os cargos que ostenta no Senado, a súa actividade parlamentaria (iniciativas presentadas e intervencións en Pleno e en comisións), os datos biográficos e o acceso ás súas declaracións de actividades e de bens e rendas. Se foi membro do Senado noutras lexislaturas, ofrécese información sobre os cargos e a actividade desenvolvida.

    A información relativa aos senadores complétase con datos sobre o seu estatuto e o seu réxime económico e de protección social.

  • Grupos parlamentarios
  • Información sobre a composición e actividade dos grupos parlamentarios e dos senadores que forman parte dos mesmos.

  • Órganos do Senado
  • Información sobre a composición, as funcións e o funcionamento dos órganos da Cámara: Presidente, Mesa, Xunta de Portavoces, Pleno, Deputación Permanente, Comisións e Ponencias.

    No sitio do presidente destaca unha zona de actualidade, que permite consultar a súa axenda, e a relación histórica de presidentes do Senado.

  • Administración parlamentaria
  • Amosa o organigrama da Secretaría Xeral do Senado coa identificación dos titulares dos órganos directivos e datos sobre o persoal do Senado, as súas clases e funcións.

    Así mesmo inclúe o acceso ás normas de organización e persoal do Senado e das Cortes Xerais e ás normas económicas e de contratación.

iv. Portal de transparencia

Dende febreiro do 2014 existe na web do Senado un portal de transparencia que agrupa a información en oito grandes apartados:

  • Sobre a Transparencia: inclúe a normativa aplicable, a carta de servizos, os compromisos e Indicadores de calidade e unha explicación sobre a navegación no portal de transparencia.
  • Portal de Datos Abertos: contén información xeral e o catálogo dos mesmos, estruturado pola súa vez en actividade parlamentaria, composición e organización, relacións cos cidadáns, actividade económica e buscas temáticas.
  • Información ao Cidadán: describe o contido do dereito de acceso á información pública do Senado, as funcións da oficina de información e as preguntas frecuentes, e pon á disposición dos cidadáns formularios e estatísticas.
  • Actividade Parlamentaria: contén a axenda coas reunións parlamentarias e a actividade da Cámara; o Senado en directo; unha ligazón ao buscador de iniciativas e expedientes; as publicacións oficiais, e a actividade internacional.
  • Senadores: recolle a composición do Senado, o estatuto e as funcións dos senadores; a asistencia ás sesións parlamentarias; o réxime económico e protección social de senadores; as súas declaracións de actividades, bens e rendas, e a normativa en materia de rexistro de intereses, así como o sistema electoral e os resultados electorais das últimas eleccións xerais.
  • Grupos Parlamentarios: alude aos diferentes grupos e partidos políticos, ás súas funcións e subvencións.
  • Información Económica e Contractual: contén apartados dedicados á planificación, ao orzamento do Senado e aos convenios, contratos, subvencións e axudas públicas, así como ao patrimonio do Senado.
  • Información Institucional e Organizativa: ofrece ligazóns a outras seccións nas que se dá información sobre as funcións do Senado e os seus órganos, así como sobre a administración parlamentaria.

v. Información xeral sobre o Senado

Información sobre a historia do Senado, o seu papel no sistema bicameral español, a forma de elección e designación dos senadores e o seu estatuto, as funcións e organización do Senado e os procedementos parlamentarios, en formato de fichas temáticas (“Temas clave”).

Dende calquera pantalla da páxina é posible consultar o Dicionario parlamentario, unha selección de preguntas frecuentes e ligazóns de interese.

A información complétase con imaxes e datos sobre a arte e patrimonio do Senado e cunha visita virtual ás súas dependencias.

vi. Buscadores

A páxina web permite atopar información dunha forma doada e estruturada a través dun buscador xeral que posibilita o axuste entre os termos de busca dos usuarios da web e os conceptos da linguaxe utilizada por especialistas para describir o contido do fondo documental. Con iso lógranse buscas homoxéneas e transversais en 22 coleccións documentais, o que contribúe a unha maior transparencia e accesibilidade dende todas as pantallas, así como á facilidade de acceso á información do Senado. Posibilítase o acceso ao fondo documental por grandes «áreas temáticas» que abordan o fondo documental completo.

Tamén dispón de varios buscadores sectoriais entre os que destacan os de noticias, publicacións oficiais, senadores e contratación.

vii. Consulta de catálogos e bases de datos da biblioteca e recursos documentais

O acceso á sala de lectura da Biblioteca require posuír a tarxeta de investigador do Senado.

viii. Servizos de difusión selectiva de información

Os cidadáns poden subscribirse a través de RSS a todos os contidos que o Senado actualiza con frecuencia e que sexan do seu interese.

ix. O Senado e os mozos

A páxina web ofrece material educativo especialmente dirixido aos mozos para dar a coñecer a actividade da Cámara a través de xogos e test de coñecementos diferenciados para dous grupos de idade (menores de 8 anos e maiores de 8 anos). Inclúe un curto de animación e a posibilidade de que formulen suxestións e manifesten a súa opinión.

c. Acceso ao arquivo

Os fondos do Arquivo do Senado están integrados polos documentos xerados e recibidos na institución dende a súa orixe, e son accesibles ao público a través de consultas electrónicas e presenciais. Gran parte dos documentos relacionados coa actividade parlamentaria e cos senadores pódense consultar a través da páxina web, que comprende o período histórico de 1834 a 1923 e o actual, que comeza en 1977. Cabe destacar no período de 1834-1923 a colección completa de publicacións oficiais da Cámara e a serie de expedientes persoais de próceres e senadores, que posúe un relevante valor histórico.

Toda a documentación é de libre acceso salvo o establecido na lexislación vixente e, no seu caso, por acordos da Mesa do Senado.

Servizos:

  • Atención telefónica e resposta a consultas remitidas por correo electrónico e correspondencia postal por parte de investigadores, cidadáns e institucións públicas e privadas.
  • Busca de documentos, calquera que sexa o seu soporte, incluído o fotográfico e audiovisual.
  • Asesoramento aos usuarios na busca e localización de documentos de forma inmediata e personalizada.
  • Expedición de certificados e copias autenticadas dos documentos que custodia.
  • Reprodución dos documentos que soliciten, preferentemente en formato dixital.

Nos documentos reproducidos que se desexen publicar deberá constar o nome do arquivo, o código de referencia e a sinatura. Ex. ES.28079. AS. HIS-0348-01.

Canles de atención.

Por motivos de seguridade, o acceso non está permitido durante a celebración de sesións plenarias.

d. Participación

Co obxecto de facilitar a participación dos cidadáns, ponse á súa disposición a través da páxina web as canles de comunicación (correo, blogs, redes sociais, páxinas persoais…) dos senadores, grupos parlamentarios e comisións baixo un mesmo acceso.

Así mesmo, o Senado mantén un perfil institucional na rede social Twitter (@SenadoEsp), Instragram (@Senadoesp), y Toutube (user/ElSenadoTV), co obxectivo de facilitar a comunicación e participación dos cidadáns, informar sobre a composición e actividades da Cámara, e responder ás dúbidas e solicitudes de información que os usuarios expoñan a través desta canle.

e. Visitas ao Senado e asistencia a sesións plenarias

O Senado de España pódese visitar, previa solicitude, sempre que a actividade parlamentaria o permita, de luns a venres. As visitas son guiadas e gratuítas, cunha duración aproximada dunha hora. Durante o percorrido guiado mostraranse as diferentes salas, os cadros máis relevantes e ofrecerase unha breve explicación sobre a súa historia, a composición e o funcionamento do Senado.

É posible asistir ás sesións plenarias, previa solicitude. A asistencia terá unha duración máxima dunha hora e os visitantes situaranse na tribuna pública do hemiciclo.

O acceso ao Senado realízase pola rúa Bailén, 3. Os visitantes deberán presentar o seu DNI ou pasaporte.

Canles de atención:

Horario de visitas guiadas: de luns a venres, ás 10, 11, 12, 13, 16 e 17 horas. Non se realizarán visitas guiadas durante o mes de agosto, Semana Santa, festivos nin nos días nos que está previsto celebrar sesión plenaria.

Horario de asistencia a sesións plenarias: as sesións plenarias do Senado comezan polo xeral os martes ás 16 horas e os mércores e xoves ás 9:30 horas. Celébranse habitualmente cada dúas semanas, de acordo co calendario de sesións plenarias, que aproba a Mesa do Senado cada semestre e pode consultarse na páxina web.

f. Oposicions, procesos selectivos, bolsas e seminarios

Información sobre oposicións e procesos selectivos:

A páxina web ofrece información sobre os requisitos para acceder á condición de funcionario das Cortes Xerais ou de persoal laboral do Senado e os exercicios e temarios das últimas convocatorias de cada corpo de funcionarios e de grupos profesionais de persoal laboral. Para os procesos en curso publícanse as convocatorias con información de todas as fases do procedemento.

Canles de atención:

Información sobre os requisitos e convocatorias dos procesos de selección, bolseiros e participantes nos seminarios organizados polo Senado:

Bolsas de formación arquivística, documental e bibliotecaria

Canles de atención:

Bolsas de formación práctica sobre comunicación institucional

Canles de atención:

Seminario Giménez Abad

Canles de atención:

g. Información económica, orzamentaria e contractual

Ademais das normas económicas, orzamentarias e de contratación do Senado, publícase a información relativa á contratación administrativa, incluídos os anuncios de licitación, os pregos de contratación, as convocatorias de actos públicos de apertura de ofertas ou a adxudicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público.

No portal de transparencia publícanse, ademais, unha relación trimestral de contratos menores e os datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario de contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público. Así mesmo, ofrécese información sobre a relación dos convenios subscritos; as subvencións e axudas públicas concedidas; os orzamentos (con descrición das principais partidas orzamentarias e información actualizada e comprensible sobre o seu estado de execución e as contas anuais); as retribucións e declaracións de actividades, bens e rendas dos Senadores, e as resolucións de autorización ou recoñecemento de compatibilidade que afectan ao persoal laboral da Cámara.

Canles de atención:

4. Suxestións e queixas

Os cidadáns poden contribuír á mellora dos servizos que se ofrecen a través da formulación das suxestións e queixas que estimen convenientes, que o Senado se compromete a analizar, contestar e, na medida do posible, incorporar.

As queixas formuladas non terán, en ningún caso, a cualificación de recurso administrativo nin a súa presentación interromperá os prazos establecidos na normativa vixente. Estas queixas non condicionan, en modo algún, o exercicio das restantes accións ou dereitos que, de conformidade coa normativa reguladora de cada procedemento, poidan exercer aqueles que se consideren interesados no procedemento.

O incumprimento dos compromisos declarados nesta Carta en ningún caso dará lugar a responsabilidade patrimonial do Senado.

Canles de atención:

5. Dereitos e obrigas do cidadáns do cidadáns

a. Dereitos

  • Ser atendidos de forma amable e respectuosa por calquera das canles postas á súa disposición.
  • Tratar os temas que lle incumban con total confidencialidade.
  • Ser atendidos nun Senado accesible, sen barreiras.
  • Recibir unha resposta razoada, baseada na normativa vixente, ante calquera solicitude de información realizada.
  • Contribuír á mellora dos servizos a través da formulación das suxestións e queixas que estimen convenientes, utilizando as canles adecuadas.
  • Acceder aos documentos do Arquivo.
  • Exercer o dereito de petición.
  • Participar nos procedementos de selección do persoal e na convocatoria de bolsas e seminarios organizados polo Senado.
  • Participar nos procedementos de licitación convocados polo Senado nos termos establecidos na normativa vixente.
  • Exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, portabilidade e oposición recoñecidos na lexislación sobre protección de datos de carácter persoal.
  • Obter un servizo de calidade en consonancia cos compromisos que se adquiren a través desta Carta de Servizos.

b. Obrigas

  • Utilizar os procedementos establecidos para cada caso.
  • Aportar la información o documentación que le sea requerida para llevar a cabo un óptimo servicio.

6. Normas de aplicación

Normas específicas do Senado

7. Compromisos e indicadores de calidade

No seu compromiso de transparencia e rendición de contas, o Senado avaliará anualmente a calidade dos seus servizos.

Os resultados publícanse na sección "compromisos de calidade e transparencia" do noso Portal de transparencia