Delegado de Protección de Datos

Última actualización: 18/01/2021

O Delegado de Protección de Datos do Senado é o Letrado xefe da Asesoría Xurídica.

A súa designación e cesamento comunicaráselle á Axencia Española de Protección de Datos.

A persoa designada no Senado como Delegado de Protección de Datos é:

  • Letrado xefe da Asesoría Xurídica
  • Enderezo: Bailén, 3. 28071 Madrid
  • Teléfono: 91 538 19 00
  • Correo electrónico: dpd@senado.es

O Delegado de Protección de Datos participa en todas as cuestións relativas á protección de datos persoais e actúa con independencia no desempeño das súas funcións.

Son funcións do Delegado de Protección de Datos:

  1. informar e asesorar o Senado, os encargados do tratamento e o persoal que se ocupe do tratamento das obrigas que lles incumben en aplicación do RXPD e demais disposicións aplicables na materia;
  2. supervisar o cumprimento da normativa, a asignación de responsabilidades, a concienciación e formación do persoal e a análise das actividades de tratamento;
  3. expoñer a necesidade da realización de avaliacións de impacto e de implantación das medidas de seguridade relativas á protección de datos, así como supervisar a súa aplicación;
  4. cooperar coa Axencia Española de Protección de Datos;
  5. actuar como punto de contacto entre o Senado, a Axencia Española de Protección de Datos e os interesados;
  6. asesorar na fixación dos procedementos relativos ao exercicio dos dereitos de protección e valorar as solicitudes que se presenten.
 
 

Letrado xefe da Asesoría Xurídica do Senado

  dpd@senado.es

  915381900

  Calle Bailén 3, 28071 (Madrid)