Protección de datos de carácter persoal

Última actualización: 20/01/2025

A protección das persoas físicas en relación co tratamento de datos persoais é un dereito fundamental recoñecido nos artigos 18.4 da Constitución española, 8.1 da Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea e o 16.1 do Tratado de Funcionamento da Unión Europa. O Senado mantén unha política de pleno respecto e cumprimento da normativa en materia de protección de datos de carácter persoal. En cumprimento deste compromiso, o Senado garántelles aos cidadáns que trata confidencialmente os seus datos persoais de forma lícita, transparente e leal.

Os datos de carácter persoal serán utilizados para os fins previstos no procedemento ou actuación de que se trate, limitándose aos estritamente necesarios para a correcta prestación de servizos.

O Senado conta coas medidas de seguridade necesarias para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado aos datos de carácter persoal, tendo en conta o estado da tecnoloxía e a natureza dos datos de carácter persoal tratados e os riscos aos que están expostos.

Introdúcese a figura do Delegado de Protección de Datos e faise público o Inventario de Actividades de Tratamento, ao que se pode acceder por medios electrónicos.

Os cidadáns poderán exercer os seus dereitos relativos á protección dos datos de carácter persoal (dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, portabilidade e de oposición) a través da presentación electrónica das súas solicitudes.

A non facilitación ou facilitación parcial dos datos persoais de carácter obrigatorio solicitados nalgún formulario podería ter como consecuencia que o Senado non puidese ofrecer o servizo solicitado.

Para máis información sobre os dereitos relacionados coa protección de datos de carácter persoal, pode consultar a páxina da Axencia Española de Protección de Datos.


 

 
 

Asesoría Xurídica do Senado

  dpd@senado.es

  915381900

  Calle Bailén 3, 28071 (Madrid)