Participa

Última revisión 09/01/2024

O Senado aprobou a Carta de Servizos coa finalidade, entre outras, de achegarlles a devandita institución aos cidadáns, polo que abre vías de comunicación e participación e facilita a asistencia á súa sede. Xa que logo, pon á súa disposición a través da páxina web as canles de comunicación (correos electrónicos, redes sociais, blogs, páxinas persoais, etc.) de Senadores e senadoras, Grupos Parlamentarios e Comisións baixo un mesmo acceso.

Así mesmo, o Senado mantén perfís institucionais nas redes sociais Twitter, Instagram, e Youtube co obxectivo de facilitar a comunicación e participación dos cidadáns, informar sobre a composición e actividades da Cámara e responder ás dúbidas e solicitudes de información que os usuarios formulen por estas vías.

Tamén poden contribuír á mellora dos servizos que se ofrecen a través da presentación daquelas suxestións e queixas que estimen convenientes, e que o Senado se compromete a analizar, contestar e, na medida do posible, incorporar.