Portal de facturas

Última revisión. 01/03/2021

 

A Mesa do Senado acordou autorizar a adhesión da Cámara á plataforma habilitada pola Administración Xeral do Estado «FACe – Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas», a través da cal os provedores presentan as súas facturas electrónicas ao Senado, dende o 1 de decembro de 2018.

O enderezo electrónico a través do cal se pode acceder a FACe é o seguinte: https://face.gob.es/gl.

Na páxina de inicio da plataforma atópase toda a información necesaria para que os provedores poidan facer uso dela, incluídos manuais de uso e preguntas frecuentes, así como o formulario de soporte e os teléfonos para incidencias que se deberán utilizar para calquera dúbida sobre o funcionamento de FACe.