Requisitos para traballar no Senado

Última revisión 01/03/2021

Persoal funcionario e laboral

A selección de aspirantes para o acceso á condición de persoal funcionario das Cortes Xerais e de persoal laboral do Senado realizarase de acordo cos principios de mérito e capacidade.

Para poder participar nas probas selectivas será necesario:

  1. Posuír a nacionalidade española e ser maior de idade.
  2. Estar en posesión da titulación correspondente ou en condicións de obtela na data en que termine o prazo de presentación de solicitudes.
  3. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado por calquera outras causas para o exercicio profesional no desempeño de funcións públicas.
  4. Non padecer enfermidade ou discapacidade que impida o desempeño das funcións correspondentes.
  5. Cumprir los requisitos que se establezan en cada convocatoria.

Nas convocatorias de probas de acceso non poderán establecerse requisitos que supoñan discriminación por razón de raza, sexo, relixión, opinión, lugar de nacemento ou veciñanza ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Tampouco poderán formularse nelas preguntas relativas á ideoloxía, relixión ou crenza dos aspirantes.

En todas as convocatorias reservarase unha cota do 10% das prazas convocadas para a súa provisión entre persoas con discapacidade de, polo menos, o 33%, sempre que reúnan os requisitos da convocatoria, superen as probas selectivas e, no seu momento, acrediten a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas correspondentes.

O acceso das persoas con discapacidade inspirarase nos principios de igualdade de oportunidades e compensación de desvantaxe, coa correspondente adaptación, no seu caso.

Son requisitos eacadémicos para o ingreso nos distintos Corpos de Funcionarios os seguintes:

  1. Corpo de Letrados das Cortes Xerais: Licenciatura en Dereito.
  2. Corpo de Arquiveiros-Bibliotecarios das Cortes Xerais: Licenciatura en Filosofía e Letras, en calquera das seccións desta licenciatura, Documentación, Dereito, Ciencias Políticas, Ciencias Económicas e Empresariais, Socioloxía ou Ciencias da Información.
  3. Corpo de Asesores Facultativos das Cortes Xerais: A titulación superior que corresponda á especialidade convocada (Ciencias Políticas, Ciencias Económicas e Empresariais, Socioloxía, Ciencias da Información, Enxeñaría Industrial, Arquitectura, Enxeñaría en Informática ou Enxeñaría Técnica Superior de Telecomunicacións).
  4. Corpo de Redactores, Taquígrafos e Estenotipistas das Cortes Xerais: Diplomatura Universitaria ou equivalente.
  5. Corpo Técnico-Administrativo das Cortes Xerais: Diplomatura Universitaria ou equivalente.
  6. Corpo Administrativo das Cortes Xerais: Bacharelato ou equivalente.
  7. Corpo de Ordenanzas das Cortes Xerais: Título de Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.

Os requisitos específicos para o ingreso como persoal laboral do Senado: especifícanse en cada convocatoria.

Para máis información: